HomePontevedraLuisa Piñeiro: “cantas rebaixas de penas ten que haber para que o...

Luisa Piñeiro: “cantas rebaixas de penas ten que haber para que o Goberno central rectifique unha lei que desprotexe ás mulleres?”

- Anuncio -spot_img

• Lamenta o silencio de Carmela Silva ante unha lei que “utilizou para atacar e criticar ao PP cando xa advertiamos desta posibilidade de excarceración e rebaixas de penas”.

A secretaria xeral do Partido Popular de Pontevedra, Luisa Piñeiro, pregunta “cantas rebaixas de penas de delincuentes sexuais máis ten que haber para que o Goberno central asuma o erro e rectifique unha lei que deixa desprotexidas ás mulleres?”. Tras a posta en liberdade na provincia do primeiro reo coa aplicación da Lei do só si é si, que permitiu rebaixar 12 anos de prisión a 7, Piñeiro insiste en que “é urxente modificar a norma e que o Goberno central asuma responsabilidades, porque cada día que pasa xoga en contra das mulleres e das vítimas e a favor dos violadores”.

A popular lamenta a “soberbia” coa que o Goberno central está actuando nesta situación, e que lles impide “recoñecer un erro histórico e sumamente grave que está provocando a indignación e a decepción da cidadanía. As vítimas dos delitos sexuais necesitan que se lles protexa”. Recorda que hai efectos que xa non se poden evitar, pero pódese cambiar a norma para que as próximas agresións sexuais ou aqueles agresores que están pendentes de ser xulgados non se beneficien da redución de penas.

Ademais, recorda que “tanto os xuristas como o PP xa advertimos desde o inicio da tramitación desta norma que había importantes deficiencias no texto e que corrían o risco de acabar rebaixando as penas aos condenados por abusos sexuais. Por desgracia para todas as mulleres e as vítimas, esta situación estase cumprindo, e en lugar de ofrecer solucións, o Goberno central, o PSOE e Unidas Podemos, seguen enrocados en non facer nada”.

CRÍTICAS AO SILENCIO DE CARMELA SILVA
Por outra banda, lamenta que “esta situación tan grave non mereza unha denuncia pública de Carmela Silva, a presidenta da Deputación e dos socialistas galegos, que acostuma a opinar sobre todo pero, casualidades, cala sobre unha lei que está deixando libre aos violadores e desprotexendo ás mulleres. Esta é a rede para loitar contra as violencias machistas que defende? De que valen as pancartas e os discursos si non se acompañan con feitos? Ela, que sempre fala e opina sobre o divino e o humano, non ten nada que dicir sobre esta situación tan grave?”.

E insiste en que conteste “si hai algunha muller que poida estar conforme coas consecuencias que está tendo esta lei que ela tanto defendeu e que, ademais, utilizou para atacar e criticar ao PP cando advertiamos desta posibilidade de excarceración e rebaixas de penas”.

Publicacións Relacionadas