Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán festexa o Día Internacional da discapacidade con mil...

O concello de Nigrán festexa o Día Internacional da discapacidade con mil escolares voando cometas en praia América

- Anuncio -

O Centro Juan María convidou a participar a todos os colexios da comarca, elaborando cada un a súa cometa. O Concello convidou a todos a unha chocolatada

O Concello de Nigrán acolleu esta mañá en Praia América o acto central do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se festexa cada 3 de Decembro e que na comarca organizou o CEE Juan María de Parada convidando a todos os escolares do municipio e aos tres alcaldes da comarca, Juan González (Nigrán), Francisco Ferreira (Gondomar) e Carlos Gómez (Baiona). Baixo o lema ‘Compartindo Soños’ cada colexio de todo o Val Miñor elaborou a súa propia cometa, na que escribiron os seus mellores desexos. O resultado foi máis de mil nenos e nenas intentando facer voar a súa manualidade ao son da canción ‘Volar de Álvaro Soler. Posteriormente tomaron un chocolate quente ofrecido polo Concello de Nigrán e continuaron divertíndose coas cometas e a música de Skandal Dj.

Neste acto previo polo Día da Discapacidade, Pepe, Alicia e Iago, usuarios do CEE Juan María, leron ante todos os asisntentes un manifesto no que, entre outras cousas, pediron unha mellor lexislación para acadar a accesibilidade universal, demandaron a figura de persoas facilitadoras, escolas onde ninguén se sinta excluído, atención sanitaria digna, un sistema laboral que os teña presente ou o dereito a ter parella “sen que nos miren raro”. Este ano o tema de Nacións Unidas para este día é o das “solucións transformadoras para un desenvolvemento inclusivo: o papel da innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas