• O vindero 10 e 1 1 de decembro, O concello de Arbo, organiza o Mercadillo Solidario “ArboNadal 2022”.
• Durante os dous días recolleranse alimentos e xoguetes para repartir entre as familias necesitadas de Arbo.
• ONGs como Solidariedade San Roque, Manos Unidas, Asociación PVG Reciclaxe Solidaria, A Federación Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo están citadas en ArboNAdal.
Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, co que se pretende promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.
Despois de dous anos que non se puido levar a cabo este Mercadillo, o vindeiro 10 e 11 de decembro, regresa a Praza do Concello o Mercadillo Solidario “ArboNAdal 2022”
Contaremos con asociacións de Arbo como A.C Barca de Loimil e A.C Vella Barca, Asociación Mulleres Rurais, Asoc. San Miguel Arcangel d Cequeliños…. como ONGs solidariedade San Roque, Manos Unidas, Asociación PVG Reciclaxe Solidaria, a Federación Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo…… Tamén teremos postos de artesanía.
As persoas que visiten o mercadillo poderán comprar os seus primeiros artigos do Nadal, desde libros, roupa, complementos e artigos de decoración, entre outras cousas. Así mesmo, toda aquela persoa que desexe doar alimentos, produtos de hixeñe e limpeza así como xoguetes que serán repartidos entre as familias necesitadas de Arbo, poderá facelo no posto que o Concello de Arbo terá habilitado para ese día.
Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.
O Mercado estará aberta o público dende as 11.30h ata as 17:30h. Os días 10 e 11 de decembro de 2022, é durante os dous días o Concello de Arbo, ten programadas actividades para nenos e nenas entre as que destacan obradoiros de Nadal, Visita de persoaxes disney, festa infantil, xogos…..
En caso de mal tempo o Mercadillo trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.



