Home Deputacións Deputación Ourense A Mobile Week Ourense, nominada aos premios do XII Congreso Nacional de...

A Mobile Week Ourense, nominada aos premios do XII Congreso Nacional de Innovación y Servicios Públicos

- Anuncio -

A iniciativa da Deputación e Mobile World Capital está seleccionada na categoría de “Mejor estrategia de igualdad digital sostenible”

A Mobile Week Ourense 2022 foi seleccionada polo xurado dos premios do XII Congreso Nacional de Innovación y Servicios Públicos (CNIS), que se celebrará o 13 e o 14 de decembro en Madrid baixo a organización do Club de Innovación e o Ayuntamiento de Madrid.

A iniciativa, froito da alianza entre a Deputación de Ourense e Mobile World Capital, está nominada na categoría de “Mejor estrategia de igualdad digital sostenible” xunto ao proxecto de “Amigabilidad digital”, da Deputación Foral de Bizkaia, e “Dispositivos accesibles con Escritorio Virtual de Interacción Digital (EVID)”, do Ministerio de Justicia.

Os premios do CNIS seleccionan ás mellores iniciativas públicas arredor da dixitalización dixital e cultural do sector público, en apartados como “Mejor proyecto consolidado de innovación pública”, “Mejor modelo de digitalización”, “Mejor proyecto de incorporación de tecnologías emergentes”, “Premio a la mejor estrategia integral de datos” ou “Mejor proyecto de consecución de los ODS”. Entre os nominados están concellos, deputacións e comunidades autónomas de toda España, sendo a Mobile Week Ourense o único proxecto galego seleccionado polo xurado desta edición.

A Mobile Week Ourense 2022 -a única iniciativa provincial deste tipo respaldada por Mobile World Capital- acolleu, entre o 15 e o 18 de setembro deste ano, máis de 70 actividades nun amplo programa que incluíu talleres, charlas, conferencias, demostracións e formación para achegar a tecnoloxía, dun xeito accesible e amigable, a cinco tipos de públicos: infantil, mocidade, padres e educadores, sénior e profesionais

Un congreso arredor da transformación dixital do sector público

A XII edición do CNIS está prantexada, segundo os organizadores, para “ofrecer aos responsables dos tres niveles das administracións públicas un amplo e variado conxunto de experiencias reais de innovacións na transformación dixital e cultural do sector público”. Nesta edición participarán máis de 150 relatores, que representan a 65 institucións públicas diferentes e máis de 30 empresas patrocinadoras. O congreso conta co apoio da Comisión Europea, a Secretaría General de la Administración Digital, a FEMP ou a Comunidad de Madrid.

Todos os nominados nesta edición dos CNIS, neste enlace: https://www.cnis.es/2022/12/02/publicados-los-finalistas-a-los-premios-cnis2022/

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas