Home A Coruña En marcha a terceira edición do concurso Tapeando Carral

En marcha a terceira edición do concurso Tapeando Carral

- Anuncio -

· O certame conta coa participación de 17 locais de todo o municipio, a cifra máis alta da historia do evento.

· Con esta medida, o goberno local busca impulsar o consumo nos locais hostaleiros do municipio.

Os mellores petiscos poderán degustarse, esta fin de semana, en Carral. A través do Concurso de Tapas Tapeando Carral, 17 locais do municipio darán a coñecer as súas mellores receitas á clientela. Trátase da cifra de participación máis alta das tres primeiras edicións. De feito, nesta convocatoria do certame gastronómico, o número de negocios hostaleiros participantes duplicouse con respecto ao ano pasado. Desde o goberno local confían en que esta iniciativa sirva “como revulsivo para atraer a máis visitantes ao municipio, promovendo así o consumo nos establecementos e dándolle máis vida ao pobo”.

Nesta ocasión, o certame conta coa participación dos seguintes locais das parroquias de Tabeaio, Sergude, Carral, Cañás e Beira: Boca Grande, Pizzería Centro, Bar Tropezón, Bar Adolfo, Taberna Siglo XXI, O Pincho, Bodega O Alprende, O Piolindo, Bar Roel, Lume e Ferro, A Rotonda, O Lareiras, Cervecería P3, O Caravel, O Betanceiro, A Parola e Costa da Egoa.

Tanto o sábado, 3 de decembro, como o domingo, día 4, as tapas poderán degustarse entre as 12.30 e as 15.30 horas e as 20.00 e as 23.00 horas.

Como en anteriores edicións, haberá premios tanto para os locais participantes como para os propios comensais. Por unha banda, os establecementos poderán optar ao premio á Tapa Máis Popular (elixida polos propios clientes) e ao de Mellor Tapa (neste caso, será un xurado profesional o que outorgue o galardón). Pola outra, unha vez que o cliente acade un número mínimo de selos diferentes terá a posibilidade de facerse tamén con agasallos e recompensas. Neste caso, a persoa terá que cumprir o cupón cos diferentes selos e depositalo nas furnas que estarán situadas nos negocios. O sorteo terá lugar o luns, 12 de decembro, a partir das 9.00 horas. Nesta edición, concederase un primeiro, un segundo e un terceiro premio en función da porcentaxe de selos acadados pola persoa.

O concurso realízase en colaboración coas empresas Estrella Galicia, Grupo Bodegas Olarra e Exclusivas Rivas Suárez.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas