HomeVigoNigránO concello de Nigrán acende o mércores 7 o alumeado de Nadal...

O concello de Nigrán acende o mércores 7 o alumeado de Nadal co concerto de San Rockers

- Anuncio -spot_img

Os núcleos urbanos do municipio prenderán as súas luces ese día, e durante o resto da semana se extenderán a todas as parroquias

“As circunstancias climatolóxicas do pasado mes foron nefastas e por iso no poderá estar completo todo o día 7”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán realizará o acendido do alumeado de Nadal este mércores 7 de decembro ás 19:00 horas co concerto de San Rockers na Praza do Concello. Os núcleos urbanos do municipio prenderán as súas luces nese intre e, durante o resto da semana, se extenderán a todas as parroquias. “As circunstancias climatolóxicas do pasado mes foron nefastas e por iso no poderá estar completo todo o día 7, tardarán 3-4 días máis en cubrir toda a localidade”, explica o alcalde, Juan González.

San Rockers, formado no ano 2012, é un grupo composto por músicos de Nigrán que conta cun repertorio formado por cancións orixinais e música española dos 80, 90 e 2000, polo que a festa está garantida.

Publicacións Relacionadas