Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación cooperará co Concello do Irixo en proxectos de emprendemento e...

A Deputación cooperará co Concello do Irixo en proxectos de emprendemento e o reforzo dos servizos públicos

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira

Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor, que xiran arredor de obras de abastecemento, humanización, infraestruturas deportivas e “coworking” rural

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións deseñadas co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños deste concello ourensán.

Manuel Baltar avanzou a Manuel Cerdeira a “máxima implicación da Deputación co Irixo” para seguir reforzando as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades: “Coma administración máis próxima ao territorio, cada alcalde ourensán sabe que pode contar con nós para debuxar novas propostas de colaboracións e sumar esforzos para a súa execución”.

Nesta reunión, o presidente do goberno provincial garantiu o respaldo a tres proxectos presentados polo rexedor: dous deles deseñados arredor de melloras enfocadas no abastecemento de auga e unha iniciativa de humanización no lugar de Nogueiroa.

O rexedor tamén sinalou como prioritaria a axilización dos convenios para a construción do complexo deportivo municipal, proxecto cofinanciado entre o Concello, Deputación e Xunta de Galicia.

Ademais, Manuel Baltar comprometeu o apoio do goberno provincial á cofinanciación dun proxecto de emprendemento local no sector primario a través de coworking, que recibiu unha achega de fondos europeos e que será, segundo o rexedor, un “paso máis na procura de emprego de calidade que permita fixar poboación no concello”.

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo de Manuel Cerdeira a prol do Irixo, “con proxectos e iniciativas ben deseñadas, e sempre enfocadas cara o benestar dos veciños e a dinamización do territorio”.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu á Deputación e ao seu presidente o “apoio, receptividade e compromiso co Irixo, demostrando que a cooperación institucional é a chave para avanzar e que grazas a persoas como Manuel Baltar o rural ten futuro”.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas