Home Pontevedra Caldas O BNG traballa nas bases dun proxecto de futuro para Valga

O BNG traballa nas bases dun proxecto de futuro para Valga

- Anuncio -

Convoca unha Asemblea Aberta para o sábado 10 de decembro ás 19 h. no edifico Prazuela de Ponte Valga

O vindeiro sábado día de 10 de decembro ás 19 h. no edificio Prazuela de Ponte Valga, o BNG celebrará unha Asemblea Aberta á participación de todas aquelas persoas que sintan que poden aportar ou que queiran formar parte da contrución do proxecto do BNG para Valga.

O noso concello precisa un cambio de raíz; un cambio de modelo de xestión. Desde o BNG estamos construíndo un proxecto transformador para Valga que:
• aposte pola mellora da calidade de vida da veciñanza
• Sexa realmente democrático, participativo e transparente
• Faga que nos sintamos orgullos@s de ser e de vivir en Valga
• Aposte por un concello igualitario e antipatriarcal
• Permita vivir, traballar e gozar en Valga
• Poña en valor os nosos recursos patrimoniais e naturais dunha forma sustentábel.
• Traballe para que a nosa mocidade non teña que marchar de Valga se quere ter un futuro
• Traballe por toda a veciñanza da mesma maneira: sen ningún tipo de discriminación a persoas, colectivos ou entidades

No BNG de Valga consideramos que hai bimbios suficientes para artellar unha candidatura que aborde con seriedade os retos do presente e do futuro de Valga. Que somos moitas e moitos os que sentimos que é necesario un cambio de rumbo, deixar as inercias e afrontar con decisión os grandes retos que temos por diante. É preciso un cambio que traia a Valga modernidade e unha forma de traballar, máis democrática e participativa, acorde co que demenada este século.

Por todo iso desde o BNG animamos a todos os veciños e veciñas que desexan un concello mellor, que participen nesta asemblea aberta onde se van perfilar as grandes liñas da proposta política do BNG para o concello de Valga

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas