HomeOurenseBroken Peach, prato forte da programación de Nadal do Concello de Ourense...

Broken Peach, prato forte da programación de Nadal do Concello de Ourense para este mércores na Praza Maior

- Anuncio -spot_img

O concerto da formación viguesa será ás 20.00 horas, de balde.

Ademais do percorrido polas rúas con iluminación ornamental, o programa inclúe Mercado de Nadal no parque de San Lázaro -de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas- e Carrusel clásico e Photocall -desde as 16.30 horas na contorna da Ponte Romana -.

A banda viguesa de rock e soul Broken Peach será o prato forte da programación de Nadal o Concello de Ourense para este mércores, 7 de decembro, ás 20.00 horas na Praza Maior con acceso de balde. Outra oportunidade de gozar dos ritmos e da posta en escena desta banda que, formada a principios de 2009, se presenta coma unha excelente proposta para todos os públicos.

Broken Peach diferénciase das típicas bandas de versións achegando unha estética extravagante que lle dá unha frescura visual aos seus espectáculos ao vivo en diferentes formatos: Halloween e Christmas Special. Proba do seu tirón, non só enriba do escenario, son os máis de 26 millóns de reproducións de vídeo acumuladas en soportes dixitais (Youtube, Facebook, Instagram…). A súa formación habitual é de catro voces, batería, baixo, guitarra e/ou piano. O estilo de música que interpretan vai desde o soul até o rock, pasando polo góspel, o funk ou pop.

En Ourense xa puidemos dar boa conta do seu atraente espectáculo a bordo do autobús musical que percorre as rúas da cidade. Este Nadal 2022 está programado para o xoves 22, en dous pases: de mañá e de tarde.

[Máis info e vídeos sobre a banda]

Programa. Ademais da música de Broken Peach, o programa de Nadal inclúe para este mércores o Mercado de Nadal emprazado no Parque de San Lázaro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e o Carrusel clásico e o photocall na contorna da Ponte Romana, desde as 16.30 horas.

A maiores, tamén está aberto o Belén de Baltar, na praza de San Cosmede e Damián no seguinte horario: de luns a venres, de 11.30 a 14:00 horas e de 17.30 a 20.30 horas (agás os 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, só de tarde).

Publicacións Relacionadas