Home A Coruña Carral acollerá este sábado a celebración do XXI Torneo de Xadrez de...

Carral acollerá este sábado a celebración do XXI Torneo de Xadrez de Nadal

- Anuncio -

No torneo enfrontaranse xogadores das categorías Sub-10, Sub-14, Absoluto e Mellor local.

Carral converterase o sábado, 10 de decembro, no escenario do XXI Torneo de Xadrez de Nadal. A cita deportiva levarase a cabo no pavillón O Espiño entre as 16.30 e as 20.00 horas e, ao longo da mesma, está previsto que se dean cita 50 xogadores e xogadoras.

No torneo enfrontaranse participantes das categorías Sub-10, Sub-14, Absoluto e Mellor local. Estes niveis poderán modificarse en función do número de persoas anotadas en cada un. En canto ao desenvolvemento do certame, este disputarase por sistema suízo de sete rondas e o ritmo de xogo será de 10’ + 3’’.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 9 de decembro ou ata esgotarse as prazas. Para facelo, dispoñen das seguintes vías: o teléfono 981 67 25 80 e o correo deportes@carral.es.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas