• A instalación, que se realizou cun orzamento de preto de 50.000 euros procedentes do remanente, foi inaugurada hoxe.
• Manuel Vázquez Faraldo sinalou que “esta era unha obra moi necesaria, que ofrece, tanto aos rapaces e rapazas como ao profesorado, unhas mellores condicións non seu día a día”.
O Concello de Miño inaugurou hoxe a nova cuberta do patio do CEIP de Bemantes, unha obra que se realizou co obxectivo de ofrecer ao alumnado do centro unhas mellores condicións de xogo durante todo o ano xa que ata o momento o colexio carecía de patio cuberto.
A actuación contou cun orzamento de 48.887€ procedentes do remanente e permite, tanto aos estudantes como ao profesorado, poder facer uso deste espazo independentemente das condicións meteorolóxicas.
Ao acto asistiron o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, a concelleira de Educación, Catalina Morado, membros da corporación municipal, representantes do ANPA e do profesorado, o presidente e o secretario da Asociación de Veciños A Irmandade de Bemantes, o arquitecto e o director de obra do proxecto.
Faraldo explicou que “esta era unha obra moi necesaria e demanada” e sinalou a importancia “de ofrecer aos nosos estudantes, e tamén ao profesorado, as mellores condicións posibles, non seu día a día dentro e fóra dás aulas’.



