HomeBaixo MiñoA GuardaInscricións abertas para aproba de obstáculos “A Guarda Family Kids”

Inscricións abertas para aproba de obstáculos “A Guarda Family Kids”

- Anuncio -spot_img

• Terá lugar o sábado día 7 de xaneiro na Alameda da Guarda

• As inscricións están abertas en https://www.deporticket.com/web-evento/7898-a-guarda-family-kids

A Alameda da Guarda acolle o vindeiro sábado día 7 de xaneiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a idades de rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos, que deberán de ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá de ir superando os distintos retos ao longo do desenrolo da proba.
A proba terá un custo de 3.10€ euros por inscrición e as inscricións están xa abertas a través da web https://www.deporticket.com/web-evento/7898-a-guarda-family-kids establecéndose un límite de 200 nenos acompañados dun adulto. Haberá medalla finisher para tódolos participantes.
O evento está organizado por noko360 e o Concello da Guarda.

Publicacións Relacionadas