HomeO MorrazoMarínA vexetación da Avenida de Ourense, un atractivo máis da nova humanización

A vexetación da Avenida de Ourense, un atractivo máis da nova humanización

- Anuncio -spot_img

En total, na plantación inicial colocáronse 4.000 plantas, que son obxecto de mantemento e de reposición cando algún exemplar é substraído.

A humanización da Avenida de Ourense non só supuxo un cambio radical na mobilidade da principal arteria urbana da nosa vila, senón que tamén mudou a súa estética paisaxística, coa intervención de xardinaría que se acompañou ao proxecto de humanización.

Ao igual que o mobiliario público ten que coidarse, respectarse e manterse ao longo do tempo, o mesmo acontece cos xardíns municipais. Segundo explican fontes municipais, “a día de hoxe, tan importante é escoller as plantas que se colocan nun espazo urbano, no que hai moitos factores que impactan no seu crecemento e desenvolvemento, como as técnicas de mantemento e de coidado que se aplican unha vez o xardín toma vida nas rúas e prazas”.

No caso da Avenida de Ourense, prantexouse un axardinado con plantacións densas e frondosas, cun gran valor estético, sobre todo de folla perenne para aumentar o seu valor paisaxístico e que tivesen un crecemento medio, de tal xeito que se adaptasen a un terreo de cota baixa, que non pode colapsar co paso dos anos.

Pero ademais tamén foi importante escoller propostas que, segundo explica o Goberno local, “supuxeran uns labores de mantemento mínimos, de tal xeito que o coidado destes novos xardíns non supoñan maior custe nin dedicación”, parapoder adaptarse aos recursos municipais.

De xeito concreto, estas foron as especies arbustivas utilizadas:
● Nandina doméstica: coñecida polos seus espectaculares frutos vermellos e a excelente cor da súa follaxe.
● Nandina Gulf Stream: frutos vermellos e cun follaxe tupido e compacto.
● Nandina Obssesed Seika: follaxe tupido e compacto.
● Nadina Lemon and Lime: cunha cor chamativa e follaxe compacto.
● Nandina Fire Power: chamativa polas atractivas follas perennes vermellas en primavera, verdes no verán e alaranxadas no outono.
● Leucothoe axilaris Curly red: chamativas follas rizadas perennes que van cambiando de cor. Flores blancas na primavera e baias vermellas.
● Leucothoe scarletta Zeblid: follas granates, verdes e púrpuras segundo a época do ano.
● Pennisetum Hameln: herba compacta, verde en verán con vistosasespigas, que en outono tornan amarelas.
● Myhlenbergia capillaris: herba con floracións elegantes e vaporosas de cor rosa de cara a finais de setembro.
● Carex Prairie Fire: herba con follas que van do verde ao laranxa.
● Ophiopogon japonicus: planta tapizante de atractivo follaxe verde.

En total, plantáronse 4.000 unidades destas plantas, que actualmente son unatractivo máis no paseo pola principal avenida da vila.

Publicacións Relacionadas