Home Pontevedra Campo Lameiro A Corporación Municipal de Campo Lameiro acorda iniciar mobilizacións este sábado para...

A Corporación Municipal de Campo Lameiro acorda iniciar mobilizacións este sábado para reclamar a estabilización da Atención Sanitaria no Centro de Saúde

- Anuncio -

A Xunta de Portavoces decidiu a convocatoria dunha concentración diante do Centro Médico para mañá ás 18 horas.

A Corporación Municipal do Concello de Campo Lameiro decidiu na súa Xunta de Portavoces, na que estiveron presentes ademais do alcalde, Carlos Costa, a voceira do PPdeG, Nieves Boullosa, de PorVir, Martina Viéitez e do PSdeG-PSOE, Adrián Vidal, convocar unha serie de mobilizacións para esixir ao SERGAS a estabilización da atención sanitaria no Centro Médico da localidade.

A primeira das mobilizacións que convocará o Concello terá lugar mañá sábado 10 de decembro, ás 18 horas, cunha concentración diante do Centro de Saúde en protesta pola falta de médicos á que está convidada toda a veciñanza de Campo Lameiro para protestar por unha situación de inestabilidade na asistencia médica que xa se prolonga demasiado no tempo.

MOBILIZACIÓNS DA VECIÑANZA SEN PROTAGONISMOS POLÍTICOS

As tres formacións políticas con representación na Corporación Municipal decidiron tamén acudir a estas mobilizacións, que se prolongarán mentras non se resolva o problema, sen bandeiras partidistas e dándolle a voz e o protagonismo á veciñanza, verdadeiros afectados pola falta dunha atención médica estable e duradeira no Centro de Saúde de Campo Lameiro.

Durante a concentración de protesta, os concelleiros recollerán entre os asistentes follas de reclamación para presentar ante as autoridades sanitarias para que tomen conciencia deste problema real que levan padecendo os veciños e veciñas de Campo Lameiro desde hai xa moitos meses.

A circunstancia persoal do médico titular, con baixas reiteradas por enfermidade, así como a rotación propia dos médicos substitutos fan que, a xuizo da Corporación Municipal, non se estean dando as condicións mínimas dunha asistencia médica de calidade polo que lle esixen ao SERGAS que habilite unha fórmula para dotar dun médico estable no consultorio de Campo Lameiro.

Ao mesmo tempo, a Corporación Municipal insta á Xunta a resolver os problemas de falta de persoal médico de Atención Primaria en Galicia e tamén ao Goberno Central a que habilite unha maior convocatoria dos chamados MIR e que diferencie desde o principio os médicos de urxencias dos que se van adicar a Atención Primaria.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas