Home A Coruña Carral repite o seu concurso de Decoración de vivendas e comercios polo...

Carral repite o seu concurso de Decoración de vivendas e comercios polo Nadal tras o éxito da primeira edición

- Anuncio -

· As persoas interesadas poderán anotarse ata as 23.59 horas do 20 de decembro. Para facelo, deberán enviar un WhatsApp ao 674 793 475.

O Concello de Carral lanza unha nova edición do seu concurso de Decoración de vivendas e comercios polo Nadal tras o éxito acadado na primeira edición. O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Bello, sinala que o obxectivo desta iniciativa “é encher o municipio do espírito de Nadal e fomentar a participación dos veciños e veciñas e dos responsables dos negocios, que poden contribuír decorando as súas vivendas e establecementos”. O edil confía en que, este ano, se sumen aínda máis persoas á iniciativa.

O ano pasado había unha única categoría. Con respecto a esa primeira edición, o concurso incorpora as seguintes categorías:

· Casas: poden decorarse tanto as fachadas como os xardíns.

· Pisos: apartamentos, áticos, dúplex.

· Comercios: poderán decorarse os escaparates dos locais comerciais.

Un xurado encargarase de examinar todas as propostas e terá en conta aspectos como a orixinalidade, a composición estética e a adaptación á contorna para elaborar a relación de gañadores.

As persoas interesadas poderán anotarse ata as 23.59 horas do 20 de decembro. Para facelo, deberán enviar un WhatsApp ao 674 793 475. No envío deberán achegar imaxes da proposta (oito como máximo) ou un vídeo (este poderá durar ata 30 segundos e deberá ter formato MP4). Ademais, as persoas participantes terán que achegar nome, apelidos, teléfono de contacto, enderezo e localización da vivenda.

A entrega de agasallos aos tres primeiros clasificados de cada categoría levarase a cabo o 23 de decembro no Campo da Feira de Carral.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas