HomeA CoruñaA CoruñaAlternativa si comunicou “fehacientemente” a expulsión dos concelleiros tránsfugas ao Concello de...

Alternativa si comunicou “fehacientemente” a expulsión dos concelleiros tránsfugas ao Concello de Sada

- Anuncio -spot_img

Ante algunhas publicacións que pretenden alimentar dúbidas, ou desinformar, ao decir que Alternativa dos Veciños non comunicou “fehacientemente” ó Concello de Sada a expulsión do partido dos concelleiros María Nogareda e Breogán Blanco, Alternativa dos Veciños Sada quere reafirmar, unha vez máis, e deixar claro que : Alternativa dos Veciños comunicou oficialmente por escrito no Concello de Sada a expulsión do partido dos concelleiros María Nogareda e Breogán Blanco. Fíxose en dúas ocasións, os días 7 e 17 de novembro, mediante presentación do documento no rexistro do Concello. Tamén se lle comunicou vía burofax aos dous concelleiros expulsados a decisión adoptada polo partido.

Acaso agora o rexistro municipal non ten validez oficial? Acaso o propio alcalde, Benito Portela, non leu no Pleno anterior ao da moción de Censura o escrito enviado por Alternativa dos Veciños coma así veron e escoitaron os veciños de Sada?? Que máis probas “fehacientes” queren?

Publicacións Relacionadas