Dentro da campaña “Non é unha crise de prezos, é unha estafa” que o BNG está a facer por todo o país e que culminará cunha gran manifestación o 18 de decembro en Compostela , o BNG do Salnés organiza un acto público, mañá martes 13 de decembro, para expor as alternativas do BNG fronte á suba de prezos que repercute economicamente na maioría social mentras as grandes empresas aumentan os seus beneficios.
Estamos diante dunha suba de prezos máis altos destes últimos cuarenta anos. A escalada de prezos está empobrecendo cada vez máis ás familias, á clase traballadora, afectando aos sectores produtivos esenciais da nosa comarca como o mar, o agro, pequenas empresas e autónomos que están vendo como cada día lles custa máis chegar a fin de mes.
Neste acto, que terá lugar ás 20 h., no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (seminario 2) contaremos coa presenza de persoas afectadas pola suba desmesurada dos prezos, ademais da deputada do BNG Montse Prado e de Xoán Xosé Bouzas (Tupi), secretario comarcal da CIG.



