Home Pontevedra Caldas Moraña aumenta en máis dun 6% o Orzamento para o 2023, acadando...

Moraña aumenta en máis dun 6% o Orzamento para o 2023, acadando os 2.765.858 euros

- Anuncio -

Un Orzamento adecuado á realidade de Moraña e que reflicta unha boa xestión municipal.
Así é como o alcalde, José Cela, describiu esta mañá a Memoria xustificativa do gasto que se levará esta noite a Pleno e da que resultará a aprobación do Orzamento anual para o 2023 do Concello de Moraña.

A cifra será un 6,22% maior ca do ano pasado, acadando un total de 2.765.858 euros. Son máis de 162.000 euros a maiores, que cubrirán as necesidades da xestión municipal. “O que procuramos é poder ter un control do gasto público e unha eficiencia total na utilización dos cartos dos que dispoñemos”, explica o rexedor.

O capítulo de gasto de persoal vese incrementado para repercutir o incremento do 2,5% da masa salarial dos funcionarios e do persoal laboral, así como polo persoal eventual que xestiona o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI e para aplicar a suba do IPC.

Por outra banda, tamén se recolle na memoria xustificativa do gasto aqueles incrementos de custo que todas as administracións, empresas e particulares están asumindo no que respecta ao subministro eléctrico, os carburantes e o alumeado público.

Asemade, o rexedor quixo destacar o carácter de “austeridade” que teñen os Orzamentos.
“Estes orzamentos recollen a realidade do gasto do Concello para prestar os servizos sen endebedarse. Son uns orzamentos continuistas, aínda que aumentemos lixeiramente a partida, porque desde fai anos nos estannos a dar moi bo resultado. Precisamente, a falla de endebedamenro e o remanente de Tesourería permítenos presentar proxectos ás subvencións doutros organismos nos que o Concello ten que aportar unha parte con fondos propios, que oscilan entre o 20 e o 30% da inversión”, explica o alcalde.

Ademais, o rexedor engade que no que respecta a proxectos e obras concretas, “non se recollen como tal porque non coñecemos que subvencións van saír”. “O que conseguimos con estas contas”, resume, “é ter un Concello saneado”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas