HomeOurenseO Concello abre o prazo para reservar entradas para a recepción de...

O Concello abre o prazo para reservar entradas para a recepción de Papá Noel á rapazada da cidade no Auditorio

- Anuncio -spot_img

Desde a web de Ataquilla, a partir de hoxe ás 13h, poderanse retirar os convites para unha das 3 sesións: 17, 18 e 19h do día 23 de decembro

O Concello de Ourense abrirá hoxe, martes, 13 de decembro, ás 13:00h o prazo para solicitar entradas para asistir á recepción de Papá Noel á rapazada da cidade, que terá lugar o venres, 23 de decembro, no Auditorio municipal. Como avanzara o alcalde na presentación do programa de actividades de Nadal, as familias interesadas poden retirar os convites -gratuitamente- a través da páxina web de Ataquilla, na ligazón que se activará hoxe ás 13h. Haberá 3 sesións: ás 17h, ás 18h e ás19h.

Publicacións Relacionadas