Home Pontevedra Campo Lameiro Carlos Costa optará á reelección á Alcaldía de Campo Lameiro

Carlos Costa optará á reelección á Alcaldía de Campo Lameiro

- Anuncio -

• O candidato sinala que “o único que nos move é traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”.

• Luis López di que a súa xestión nestes anos “é envexable, porque cada día comeza unha obra, ábrese un servizo ou xestiónase unha infraestrutura”.

Carlos Costa optará á reelección á alcaldía do Concello de Campo Lameiro. Hoxe anunciou a súa candidatura diante da xunta local do partido, do presidente provincial, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, tras ser elixido por unanimidade pola executiva do PP local.

Carlos Costa sinala que asume o reto con ilusión e compromiso: “o único que nos move é traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Non dar nin un paso atrás, para que conten con máis e mellores servizos e infraestruturas”. Nesta liña, agradece o apoio da xunta local do partido, e o traballo de cada un dos concelleiros. “Somos un equipo, temos un proxecto claro para o noso concello e o único fin que temos é buscar o progreso de Campo Lameiro e velar polos intereses dos nosos veciños”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis López, destaca que “Carlos é un exemplo de boa persoa e, como tal, sempre ten tempo e unha atención próxima as 24 horas do día para os veciños. É un home sinxelo que coñece todos os mecanismos da política e que conta cun perfil integrador que permite que todos traballen polo ben común de Campo Lameiro. Sabe respectar, sabe unir e sabe coidar a todas as sensibilidades”.

Con respecto á súa xestión estes catro anos, López dixo que “é envexable, porque cada día comeza unha obra, ábrese un servizo ou xestiónase unha infraestrutura”. Como exemplos, sinala dende o inicio do saneamento de Reboredo, nun proxecto ambicioso que terá varias fases e chegará a máis núcleos rurais -en 2023 empezarase Fontenla e seguirase por Mullerboa e Cerdeiras-, ata a mellora do parque empresarial, a ampliación do punto limpo, a modernización do centro de saúde, o acondicionamento e mellora das pistas, a celebración de eventos sociais ou culturais, como o primeiro festival da Arte Rupestre Laeros, ou a posta en marcha de medidas de conciliación con campamentos ou ludotecas. “Pero o máis importante é que Carlos e o PP sempre están xunto aos veciños nas súas reivindicacións e demandas. Cando os veciños precisan algo, queren esixir algo, o seu goberno local sempre está ao seu carón, porque precisamente ese é o mellor xeito de ser e defender ao Partido Popular: estar coa xente e pola xente por riba de todas as cousas”.

Relacionadas

O PP destaca a necesidade de que para poder dar solución a Galicia ante...

0
O presidente provincial, Luis López fixo especial fincapé en que a defensa das nosas rías, do noso rural e do reparto dos fondos europeos,...

O concello de Bueu recibíu ás veciñas Iria e Nuria Rodriguez Iglesias, destacadas no...

0
O Concello de Bueu recibiu este venres, 24 de maio, ás veciñas Iria e Nuria Rodríguez Iglesias, que veñen de colleitar éxitos no Campionato...

Lorenzana continúa coa ronda de contacto cos alcaldes galegos cun encontro coa rexedora de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, con quen tratou as necesidades...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura no Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de inaugurar no Salón de Actos do Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

Luis López eloxia o sector vitivinícola das Rías Baixas por ser un dos “mellores...

0
O presidente provincial participa na clausura do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas que se celebrou na adega Martín Códax de Cambados durante tres días “O...

O Concello constrúe unha beirarrúa en Gago de Mendoza, mellorando así a mobilidade cara...

0
A actuación tamén permitiu a reparación da canalización do alumeado público.  O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá do remate das obras...

Publicacións Relacionadas