HomeA CoruñaA CoruñaAs corais de Nós, Santa Cruz, Oleiros e Mera participan o domingo...

As corais de Nós, Santa Cruz, Oleiros e Mera participan o domingo no Concerto de Nadal

- Anuncio -spot_img

O vindeiro domingo 18 de decembro, ás 19:30 horas, celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Participarán a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Oleiros e a Coral Polifónica de Mera, que despois das súas respectivas actuacións cantarán de maneira conxunta a panxoliña Doce sono.

Este concerto é unha das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar o canto coral como expresión cultural e artística e ferramenta para a convivencia.

Publicacións Relacionadas