Home A Coruña O Concello de Frades inviste máis de 93.000 euros na compra dun...

O Concello de Frades inviste máis de 93.000 euros na compra dun novo tractor con pala

- Anuncio -

O alcalde e o concelleiro de Obras recolleron a maquinaria no concesionario de Maquinaria Agrícola del Noroeste SL en Ledoira

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Obras e Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, desprazáronse ao concesionario de Maquinaria Agrícola del Noroeste SL en Ledoira (Frades) para recolleren un tractor equipado con pala. Unha maquinaria adquirida tras un proceso de licitación no que resultou adxudicataria a firma Maquinaria Agrícola del Noroeste por un importe de 93.570 euros, dos que a Deputación financia 74.880 euros a través da única subvención nominativa concedida ao Concello nesta lexislatura mentres que o resto será achegado polo Concello de Frades a través de fondos propios.

O novo tractor é un John Deere 6130M, cun motor de 4,5 l con 4 cilindros e unha potencia máxima de 144 cv, está especialmente deseñado para o traballo con pala cargadora, unha Metal-Fach T229 de 1.600 kg. Unha nova maquinaria que o Concello de Frades destinará a labores de roza e arranxo dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal.

Este tractor únese á rozadoira lateral achegada o pasado mes de novembro polo Fondo de Compensación Ambiental aos Concellos de Frades e Ames. Unha rozadoira de sesenta cabalos de potencia e cunha transmisión indirecta para que sexa máis segura á hora de traballar. A Xunta de Galicia investiu 35.700 euros na compra desta maquinaria e para financiar o servizo de protección do medio ambiente e do espazo natural que comparten ambos os dous municipios.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas