HomePontevedraO CondadoO vindeiro sábado 17 de decembro volve a San Silvestre Solidaria Eurocidade...

O vindeiro sábado 17 de decembro volve a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monçao -Salvaterra de Miño de Nadal

- Anuncio -spot_img

O vindeiro sábado 17 de decembro volve a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monçao -Salvaterra de Miño de Nadal.

Como viña sendo habitual antes da Pandemia e dentro das actividades que levan a cabo no marco da Eurocidade, Salvaterra e Monçao recuperan as súa “normalidade” en materia deportiva e cultural dun inmellorable xeito, que non é outro que a Solidaria San Silvestre, onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ao longo de algo máis de 5km.

Ademais e antes da proba que comezará ás 20:30(hora española) en Monçao, terán lugar na Praza De-La-Deu a San Silvestre infantil, onde os máis cativos tamén gozarán do seu momento dando dúas voltas á dita Praza.

Ao remate das probas, haberá unha chocolatada para todos os asistentes na Praza do Concello de Salvaterra de Miño.

Cómpre lembrar que para participar soamente ten a condición de aportar un produto non perecedoiro para o Banco de alimentos .

Para facer as inscricións consulta no
00351 962 124 648 ou en desporto@cm-monçao.pt

Publicacións Relacionadas