HomePontevedraPoioUn obradoiro de "babyshoes" porá este venres o punto final ao programa...

Un obradoiro de “babyshoes” porá este venres o punto final ao programa cóllelle o gusto da concellería de Benestar Social e Mocidade

- Anuncio -spot_img

• A concelleira responsable da área, Rosa Fernández (PSdeG-PSOE), lembra que a actividade é gratuíta

• Este ciclo iniciouse no outono do ano pasado e foi ofrecendo diferentes cursos e sesións que resultaron un éxito de participación

Logo da súa estrea hai algo máis dun ano, no outono de 2021, o programa ‘Cóllelle o gusto’, organizado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade, chegará á súa conclusión neste mes de decembro. A súa derradeira actividade terá lugar este venres, 16 de decembro. Trátase do taller de ‘babyshoes’, a través do caldaranse pautas para a elaboración de calzado para bebés. Tal e como explica a concelleira responsable deste departamento, a socialista Rosa Fernández, esta acción estará subvencionada pola Concellería, polo que será totalmente gratuíta, materiais de uso incluídos. A clase desenvolverase na Casa Rosada desde as 17.00 horas. Fernández González informa de que aínda queda algunha praza libre. As inscricións e a resolución de dúbidas sobre a actividade pódense xestionar chamando ao número de teléfono 986872401.

A falta desta última iniciativa, o balanzo que realiza Rosa Fernández do programa ‘Cóllelle o gusto’ é moi positivo. “Impulsamos esta programación no último tramo de 2021, cando a situación sanitaria derivada da COVID-19 comezou a darnos un respiro”, lembra a edil de Benestar Social e Mocidade, que lembra que entre os contidos ofertados figuraron obradoiros de elaboración de tapices, cesteiría ou de pezas de coiro. “En liñas xerais, todas estas actividades tiveron unha participación importante, polo que cumprimos co obxectivo de fomentar novas afeccións artesanais entre a veciñanza, algo no que seguiremos a incidir no futuro”, conclúe a integrante do Goberno municipal.

Outra meta que se marca a Concellería de Benestar Social e Mocidade a través deste tipo de iniciativas é estreitar lazos e relacións entre as persoas participantes. “Non só se trata de facer elaboracións propias, senón tamén de que a xente que se inscriba nestes cursos poida gozar dunha tarde en convivencia con máis veciñas e veciños”, finaliza Rosa bFernández.

Publicacións Relacionadas