HomePontevedraBaixo MiñoA Agrupación Musical enche de Nadal O Rosal esta fin de semana

A Agrupación Musical enche de Nadal O Rosal esta fin de semana

- Anuncio -spot_img

O auditorio municipal acollerá o tradicional Festival de Nadal o sábado 17 (18 h) e o espectáculo musical ‘Unha noite de amor con Lela’ o domingo 18 (18.30 h)

A Agrupación Musical do Rosal porá esta fin de semana a nota de cor ao Nadal rosaleiro con dúas grandes actuacións que conquistarán sen dúbida ao público asistente.

O sábado 17 de decembro o escenario do auditorio municipal acollerá o tradicional Festival de Nadal, un completo e variado concerto no que participarán os distintos grupos da banda, dende os máis cativos e cativas ata os non tan pequenos e pequenas: a Banda Infantil, a Minibanda, Amdoriñ@s, Novo Orballo, o Coro Infantil, a Coral e Lirolai. Será ás 18.00 horas, para todos os públicos e con entrada libre ata completar aforo.

Nesta ocasión, o cartel do concerto conta cunha imaxe moi especial, xa que está creado a partir do debuxo gañador do VII Concurso Infantil de Carteis de Nadal, realizado por Paula Alonso Domínguez, de 8 anos. O xurado do certame outorgou o segundo premio a Andrés Álvarez González, de 7 anos, e tres accésits a Inés Verde Treinta (8 anos), Vega Sainz Rodríguez (7 anos) e Julia Flores Vicente (10 anos).

A música continuará o domingo 18 co espectáculo ‘Unha noite de amor con Lela’, dirixido por Javier Alonso e que reunirá sobre o escenario a Alfredo Susavila ao piano, Silva Ferre á voz, Ana Silva como narradora e con Pachi Cruz ao contrabaixo. A actuación será ás 18.30 horas e as entradas están xa á venda nas oficinas do auditorio. O prezo da entrada será de 1 euro persoas socias e 3 euros non socias.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todos os rosaleiros e rosaleiras “a gozar dunha fin de semana única escoitando música de calidade feita con moito agarimo por grandes músicos e músicas actuais e de futuro”.

Publicacións Relacionadas