Home Pontevedra Ponte Caldelas Antón Xil, candidato do Partido Popular á alcaldía de Ponte Caldelas

Antón Xil, candidato do Partido Popular á alcaldía de Ponte Caldelas

- Anuncio -

• Antón Xil: “Queremos devolverlle o protagonismo aos veciños e acabar co populismo, o clientelismo e o personalismo como modelos de goberno en Ponte Caldelas”


• Luis López: “construíu unha alternativa, que é a que lle imos a ofrecer aos veciños, cun candidato consolidado, cun equipo moi amplo e comprometido e cun proxecto á altura do que necesitan os veciños de Ponte Caldelas”.

Antón Xil repetirá como candidato do Partido Popular á alcaldía da Ponte Caldelas nas eleccións municipais de maio. O voceiro local, arroupado polo presidente provincial, Luis López, e pola secretaria xeral do partido, Luisa Piñeiro, anunciou esta tarde a súa candidatura tras conseguir o apoio unánime da xunta local do PP.

“Defendemos un proxecto solvente que recupere a ilusión e confianza da xente para atender as principais necesidades das persoas e familias e prepare ao noso concello de cara aos retos do futuro. Cremos na cultura do esforzo, do traballo e da construción dun futuro esperanzador baseado nunha xestión seria e eficaz. Queremos deixar atrás un goberno personalista baseado nas ocurrencias e en políticas de promoción persoal que nos están condenando ao atraso, a un populismo de festas e paparotas que nos impide avanzar. Queremos devolverlle o protagonismo aos veciños e acabar co populismo, o clientelismo e o personalismo como modelos de goberno en Ponte Caldelas”, dixo Antón Xil.

Pola súa parte, Luis López, destacou o “magnífico traballo” realizado nestes anos polo grupo municipal. “Antón demostrou o seu liderado, a súa capacidade e o seu sentidiño, algo que se bota en falta na xestión municipal. E tamén construíu unha alternativa, que é a que lle imos a ofrecer aos veciños, cun candidato consolidado, cun equipo moi amplo e comprometido e cun proxecto á altura do que necesitan os veciños de Ponte Caldelas”.

Recordou que nas últimas eleccións, as autonómicas de 2020, o 48% dos veciños deste concello votaron ao Partido Popular. Por iso, pide a todo o equipo e ao PP de Ponte Caldelas, a todos os simpatizantes e colaboradores, “e a todos os que cren que outra Ponte Caldelas é posible, que traballen arreo, que percorran unha e outra vez todas as casas, que falen con todos os veciños e que arroupen ao noso candidato, porque sen o traballo de todos é imposible cambiar o rumbo dun concello que, agora mesmo, non ten altura de miras, que só é noticia por excentricidades e que só atende aos veciños segundo intereses partidistas”.

Con respecto á xestión do goberno local, López dixo que está baseado, en exclusiva, no populismo e na atención clientelar aos cidadáns. “Estamos ante un concello que ten un alcalde cunha absoluta incapacidade de xestión, tanto coa Xunta como coa Deputación, onde ten as portas pechadas malia ser da mesma cor política. Estamos ante un concello que é protagonista polos seus malos datos económicos, cunha débeda alta e que é dos poucos municipios da provincia cun remanente negativo, é dicir, que non ten fondos para investimentos. En definitiva, estamos ante un alcalde e un goberno que só se preocupa de festas, comidas e fotos e, dende o Partido Popular, cremos que Ponte Caldelas e os seus veciños merecen moito máis e imos traballar arreo, con Antón ao fronte, para recuperar a súa confianza”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas