HomeOurenseOurenseO alcalde recibe no Concello a Benjamín González Quintana, inspector principal, que...

O alcalde recibe no Concello a Benjamín González Quintana, inspector principal, que se xubila tras 42 anos na Policía Local da cidade

- Anuncio -spot_img

“Como alcalde e como ourensán é un pracer recibir no seu último día de traballo a un gran traballador”, manifestou Pérez Jácome, quen destacou os máis de 40 anos de servizo dun “funcionario especial”

O xefe da Policía Local recibiu o cariño dos seus compañeiros, que se achegaron a despedilo á Praza Maior

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a Benjamín González Quintana, inspector principal e xefe da Policía Local de Ourense, que se xubila logo de 42 anos de servizo á Policía Local do Concello de Ourense.

O alcalde felicitouno pola súa traxectoria e pola súa achega durante todos estes anos á Policía Local de Ourense, á que se incorporou en 1980: “como alcalde e como ourensán é un pracer recibir no seu último día de traballo a un gran traballador”, manifestou Pérez Jácome, quen dixo que Benjamín foi “un funcionario especial do Concello de Ourense, que leva 42 anos na Policía Local. É un auténtico honor e énchenos de orgullo. Agora tócalle unha vida diferente, que esperemos tamén que sexa tamén moi rica na súa xubilación”, declarou o rexedor.

Pola súa banda, Benjamín González manifestou que “é unha honra ter pertencido á Policía Local durante tanto tempo. Tentei realizar as miñas funcións na mellor das disposicións e voume cun cariño inmenso á Policía Local e a todos os membros que a compoñen. Agradézolle ao alcalde moitísimo esta deferencia que fai coa miña persoa, por este recoñecemento final no meu último día de traballo”.

González Quintana foi recibido polo alcalde e polo tenente de alcalde, Armando Ojea, e polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha. Estivo acompañado dos inspectores Lorenzo Ferreiro, Baldomero Rubio e Maxi Cid. O primeiro deles, Lorenzo Ferreiro, asume temporalmente a xefatura por ser o mando de maior antigüidade. Tras a recepción, o corpo da Policía Local e unha representación do resto das forzas de seguridade brindáronlle unha despedida na Praza Maior en recoñecemento aos servizos prestados.

Publicacións Relacionadas