HomeO SalnésA Illa de ArousaUn repentino problema de saúde de Quico Cadaval obriga a cancelar a...

Un repentino problema de saúde de Quico Cadaval obriga a cancelar a actuación prevista no Auditorio para mañán

- Anuncio -spot_img

Os espectadores que mercaron as entradas poden xestionar a devolución nos mesmos puntos de venta: a administración de loterías e a biblioteca municipal

Un repentino problema de saúde impide a Quico Cadaval manter a súa axenda prevista de actuacións polo que a productora da actuación programada para mañán sábado no Auditorio Municipal decidiu cancelar o espectáculo.

Os espectadores que xa mercaron a súa entrada poderán xestionar a devolución do importe aboado nos mesmos puntos de venta, a administración de loterías e a biblioteca municipal.

A imposibilidade de marcar unha nova data para a actuación ao ser impredecible o momento da recuperación da saúde, levou á productora a suxerir a cancelación ainda que aseguran que a actuación conxunta de Cándido Pazó e Quico Cadaval programarase de novo no Auditorio de A Illa de Arousa en canto as condicións sexan favorables.

A programación deseñada polo Concello para este mes de Nadal mantense inalterable co concerto da Escola de Música para a tarde do luns, ás 18.30 horas. O alumnado volverá a actuar no Auditorio na tarde do día 23 de Nadal.

Publicacións Relacionadas