HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO alcalde e o Concello de CerdedoCotobade trasladan á familia de Nélida...

O alcalde e o Concello de CerdedoCotobade trasladan á familia de Nélida Piñón o pesar polo seu pasamento

- Anuncio -spot_img

• Había pouco máis de dous meses que estivera en Borela presentando a terceira edición do premio literario que leva o seu nome

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en nome da Corporación Municipal trasladou o pésame á familia de Nélida Piñón polo pasamento da literata galego-brasileira ocorrido no día de hoxe en Lisboa. A noticia do falecemento da escritora correu como a pólvora por Borela, parroquia coa que mantiña uns estreitos lazos e raíces e a consternación era a nota constante entre a veciñanza do municipio ao coñecer esta nova luctuosa.

Nélida Piñón estivera no mes de outubro na Casa do Pobo de Borela presentando a terceira edición do premio literario que leva o seu nome e tivera a ocasión de participar nun coloquio xunto con varios veciños que a acompañaron neste acto que contou coa presenza do alcalde, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e o secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lourenzo.

A escritora mantivo sempre un vencello directo co alcalde, Jorge Cubela e coa parroquia de Borela, interesándose sempre polo seu presente e o seu futuro. Amadriñou e mesmo impulso a edición do libro Historia das Terras de Cotobade e sempre mantivo un estreito contacto cos veciños da súa infancia.

Piñón, que sempre reivindicou os seu vencellos con Borela e co concello de Cerdedo-Cotobade, de onde eran oriundos os seus pais, atesoura entre os moitos recoñecementos internacionais á súa traxectoria literaria ser a primeira muller que chegou a ser presidenta da Academia Brasileira de Letras, en 1996. No ano 1995, obtivo o internacional de Literatura Latinoamericana Juan Rulfo.

En 2003 recibiu o XVII Premio Internacional Menéndez Pelayo. No 2005, Nélida Piñón foi galardoada co prestixioso Premio Príncipe de Asturias das Letras. En abril de 2007, recibiu un doutoramento honoris causa por parte da Universidade Nacional Autónoma de México, máximo recoñecemento que outorga dita casa de estudos.

Publicacións Relacionadas