Home Vigo Baiona O PSdeG-PSOE exhibe músculo no Valmiñor e conxúrase para seguir loitando polo...

O PSdeG-PSOE exhibe músculo no Valmiñor e conxúrase para seguir loitando polo benestar da veciñanza “porque esa é a única campaña electoral que sabemos facer”

- Anuncio -

Os alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar felicitan o Nadal a preto dun milleiro de militantes e simpatizantes

David Regades e Carmela Silva participan nun acto no que tamén se falou de que Oia se sume ás Alcaldías socialistas da man do candidato Gerardo Rodríguez

Preto dun milleiro de militantes e simpatizantes participaron na cea de Nadal do PSdeG-PSOE do Valmiñor celebrada onte en Baiona e na que tomaron a palabra os alcaldes Carlos Gómez; Nigrán, Juan González e Gondomar, Francisco Ferreira. Un acto que contou coa asistencia e participación da presidenta do PSdeG-PSOE e da Deputación, Carmela Silva, e do secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades.
Os tres alcaldes felicitaron as festas a toda a veciñanza e vaticinaron un 2023 de intenso traballo “porque a acción municipal non para cando hai Eleccións e hai que seguir atendendo á veciñanza”. Esta, coincidiron, é a única campaña electoral que saben facer os alcaldes e alcaldesas socialistas: “atender á xente e loitar polo seu progreso e benestar”.
David Regades anunciou que o socialismo vai avanzar en todo o Valmiñor nas próximas Municipais do 28 de maio e destacou que os gobernos locais de Carlos, Juan e Paco son “un exemplo”. Un exemplo que se suma ao que dan os 21 alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia, “que gobernan a dous de cada tres persoas que viven nesta provincia”. Regades, que fixo alusión ás enquisas en clave municipal que ratifican, unha tras outra a fortaleza do socialismo na provincia, engadiu que eses resultados demoscópicos son “fotos fixas da valoración dunha cidadanía que comproba día a día, como nos seus concellos hai máis oportunidades e máis progreso que alá onde están resignados á dereita”. Regades puxo en valor os avances sociais da man do Goberno central, un Goberno, recalcou, “que no medio dunha tempestade constante de ruído goberna por e para a xente”.
Carmela Silva subliñou que “non hai quen coñeza Baiona, Nigrán e Gondomar”, axudando coa súa acción municipal a que a provincia de Pontevedra “sexa unha referencia en todo o Estado”. “O 28 de maio imos ter mellores resultados no Valmiñor e en toda a provincia, porque a cidadanía recoñece o traballo que se está a facer, un traballo que é posible gracias ao PSOE, aos seus alcaldes e alcaldesas, aos seus concelleiros e concelleiras e, por suposto, tamén gracias ás e os militantes, porque as e os militantes son o PSOE”. A presidenta do socialismo galego concluíu afirmando que Oia “vai ser socialista o próximo 28 de maio, con Gerardo Rodríguez como alcalde, sumándose así ao cambio”.

Relacionadas

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

Publicacións Relacionadas