Home Ourense O Carballiño Visita a Pazolandia: concello de Piñor

Visita a Pazolandia: concello de Piñor

- Anuncio -

Tras varios anos sen levar a cabo esta actividade, por mor da pandemia do COVID19, o Concello de Piñor recupera a visita a PAZOLANDIA, levándoa a cabo o vindeiro mércores 28 de decembro.

Pazolandia é unha iniciativa da Diputación Provincial de Ourense e consiste no maior parque de atraccións de Galicia, sito no Pabillón dos Deportes Paco Paz (Ourense). Ofrece ademais de atraccións das máis diversas (para nenos e nenas de tódalas idades), talleres moi variados (tatuaxes, chapas….) e algún posto de comida e bebida.

Pola seguridade dos máis cativos, prégase que os menores de 8 anos acudan cun acompañante adulto.

Dende o Concello de Piñor levarase a cabo a visita a Pazolandia o mércores 28 de decembro, con saída ás 10h dende o Centro Social de Albarona, e con volta ás 14:30h nesa mesma ubicación.

As bases de inscrición están publicadas na sede electrónica do concello. Cóntase con prazas limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 19 de decembro ás 10h ata o 23 de decembro ás 13h.

Máis información e inscrición nos Servizos Sociais.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas