Home Pontevedra Deza AquaFuture Spain´23 vai a máis en todas as súas vertentes e a...

AquaFuture Spain´23 vai a máis en todas as súas vertentes e a tres meses da súa celebración xa ten reservado o 90% da exposición

- Anuncio -

• NESTA SEGUNDA CONVOCATORIA, QUE SERÁ DO 28 AO 30 DE MARZO, AUMENTOU A ÁREA EXPOSITIVA DISPOÑIBLE ATA OS 12.000 METROS CADRADOS DEBIDO Á GRAN DEMANDA DA PASADA CITA, QUE SUPUXO QUE SE AGOTARA O ESPAZO, E TAMÉN Á INTENCIÓN DE PARTICIPAR DE NUMEROSAS ENTIDADES QUE ACUDIRON COMO VISITANTES

• O CERTAME SUPEROU XA O SEU NÚMERO DE EXPOSITORES, CON 145 CONFIRMADOS ATA O MOMENTO, E TAMÉN INCREMENTOU A SÚA DIMENSIÓN INTERNACIONAL, XA QUE O 35% DESTAS EMPRESAS SON ESTRANXEIRAS, CHEGADAS DE 25 PAÍSES DIFERENTES

• O SEU PROGRAMA TAMÉN SE AMPLÍA PARA REFORZAR A ACTIVIDADE COMERCIAL DO SALÓN E OFRECER UNHA COMPLETA VISIÓN DO SECTOR

O Salón Internacional da Industria Acuícola, AquaFuture Spain, organizado por OK Eventos, celebrará a súa segunda convocatoria do 28 ao 30 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E farao consolidándose como unha cita ineludible do calendario feiral internacional.

Proba diso é que esta segunda edición, a falta de algo máis de tres meses para a súa apertura, conta xa con máis do 90% do seu espazo reservado. Unha exposición que ademais foi ampliada nesta ocasión debido á gran demanda da pasada cita, a cal supuxo que algunhas empresas non puidesen estar presentes por esgotarse o espazo dispoñible, e tamén debido á intención de participar manifestada á organización por parte de numerosas empresas que acudiron ao salón como visitantes. Así, dos 11.000 metros cadrados da anterior edición, aumentará ata os 12.000 nesta convocatoria. Ademais, habilitarase un gran espazo exterior próximo ao pavillón para embarcacións e instalacións de gran tamaño.

Este espazo ocupado a 100 días da súa celebración correspóndese con 145 empresas que confirmaron ata o momento a súa presenza, as cales superan xa o total de expositores da pasada cita. Ademais, supoñen un incremento da dimensión internacional do certame, pois un 35% son estranxeiras, chegadas de 25 países diferentes, o que demostra ademais o interese que suscita a acuicultura de España no resto do mundo.

Un programa máis amplo

Tamén o programa de actividades de AquaFuture Spain´23 medrará nesta segunda edición, tanto para reforzar a actividade comercial do certame como para ofrecer unha completa visión e análise do sector.

En canto ás xornadas técnicas, gañarán importancia nesta cita, debido ao seu éxito o pasado mes de marzo. A sala principal “Carmen Sarasquete” volverá acoller varias conferencias en formato de mesa redonda que abordarán temáticas de vangarda en canto aos retos e innovacións do mercado. Impartidas por profesionais de recoñecido prestixio internacional, as conferencias contarán con tradución simultánea inglés/español e serán retransmitidas por streaming para que se poidan seguir en calquera parte do mundo, debido a que numerosos profesionais solicitárono así á organización.

Ademais, nesta edición habilitaranse dúas salas máis dentro da zona expositiva, nas que se realizará unha trintena de presentacións comerciais de empresas do sector, as cales serán unha oportunidade para mostrar os seus produtos, as últimas novidades do mercado e o desenvolvemento das súas investigacións.

Por outra banda, ampliarase o programa de Show Cookings, tras os bos resultados da primeira edición e os cheos absolutos de todas as súas sesións. Todos os expositores e visitantes poderán desfrutar así de exquisitos pratos elaborados con produtos de acuicultura, dende ameixas e mexillóns ata troitas, rodaballo ou algas.

Networking distendido para facilitar relacións

Nesta edición AquaFuture Spain dará gran importancia a ampliar e facilitar as relacións comerciais tanto entre os expositores do certame como entre os expositores e os visitantes.

Para iso, a feira incluirá unha zona de networking con carácter distendido e compoñente cultural co que se pretende crear un marco ameno e eficaz para a interacción dos participantes na feira. Para iso, programaranse distintas actividades e actuacións coas que tamén se achegará a cultura e gastronomía galegas aos asistentes de distintos lugares de España e do mundo.

Ademais, nesta mesma liña, celebrarase unha cea-cóctel oficial no Hotel Exe Peregrino de Santiago de Compostela para expositores, representantes institucionais e personalidades.

Acreditacións xa dispoñibles

AquaFuture Spain conta con toda a información desta edición na súa páxina web, www.aquafuturespain.com, onde os profesionais interesados en visitar o evento poden descargar xa a súa acreditación. O horario do evento será de 10.00h a 18.00h durante os seus tres días.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas