Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro ilumina a súa "Aldea de Nadal" e...

O concello de Campo Lameiro ilumina a súa “Aldea de Nadal” e volve convocar varios concursos de participación cidadá para fomenta-lo apoio ao comercio local

- Anuncio -

Os gañadores recibirán vale de regalo que serán canxeados nos establecementos comerciais do municipio.

Ergueuse unha árbore de Nadal decorada con aportacións de elementos reciclados aportados pola veciñanza.

O Concello de Campo Lameiro deu comezo oficialmente ao Nadal coa encendido da iluminación da súa “Aldea de Nadal” feita en madeira e elementos procedentes da reciclaxe. Esta composición decorativa, feita de xeito artesanal a través da participación veciñal, permanece exposta para poder ser visitada na Carballeira, adornando tamén o centro da vila.

Nesta ocasión, no acto inaugural contouse coa presenza de Papá Noel e de varios Elfos que se encargaron de animar a prendido do alumeado que acompañará aos veciños e veciñas de Campo Lameiro durante este presente Nadal.

Asemade, o Concello volve centrar a súa campaña de Nadal en apoiar ao comercio local a través da posta en marcha de varios concursos que terán como principal aliciente a entrega de cheques regalo que deberán ser canxeados nos establecementos comerciais do municipio antes do 10 de xaneiro.

APORTACIÓN VECIÑAL PARA ADORNAR A ÁRBORE DE NADAL

O alcalde, Carlos Costa, e o seu grupo de goberno decidiron continuar coa promoción do comercio local a través de actividades de participación cidadá que leven parella o impulso de iniciativas de apoio aos comerciantes e o fomento da colaboración veciñal a través da decoración dunha árbore de Nadal con obxectos doados polos veciños.

Por outra banda, o Concello de Campo Lameiro, vén de convocar a 3ª edición dos concursos de Nadal de decoración interior e exterior de vivendas, de decoración de escaparates comerciais de Nadal do municipio co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento do municipio, facendo cómplices a comerciantes e veciñanza da imaxe de Campo Lameiro, implicar ós mais cativos no dibuxo da postal de nadal que a gañadora será a postal oficial de felicitación do Concello deste ano.

CATEGORÍAS E MODALIDADES

Establécense catro categorías para poder concursar que son as seguintes:

• CONCURSO “ RECUNCHO DE NADAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración interior dun espazo da vivenda decorado con motivos de Nadal. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Recuncho de Nadal” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar no concurso será ata o 22 de decembro.

• CONCURSO “UN NADAL PARA SOÑAR”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto a mellor decoración exterior das vivendas e xardíns de modo que esta decoración sea totalmente visible dende a vía pública. Poderán participar todos os empadroados no concello que sexan maiores de 18 anos. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Un nadal para Soñar” e no corpo do correo indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante. So se admitirá 1 foto por persoa empadroada. O prazo para participar remata o 22 de decembro.

• CONCURSO “ DECORACIÓN ESCAPARATES DO COMERCIO LOCAL”

Establécese unha modalidade e valorarase en conxunto ó mellor escaparate e interior do establecemento participante. O establecemento participante deberá decorar o seu escaparate e interior co ambiente propio de nadal. Poderán participar todos os comercios e/ou negocios ubicados no termo municipal. Para participar terán que enviar una foto ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto “Decoración de Escaparates do comercio local” e no corpo do correo indicar o nome do establecemento e representante así como un teléfono de contacto. So se admitirá 1 foto por establecemento. O prazo para participar finaliza o 22 de decembro.

PREMIOS PARA OS DISTINTOS CONCURSOS

Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:

1º – CONCURSO RECUNCHO DE NADAL

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

•3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

2º – CONCURSO UN NADAL PARA SOÑAR

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

•3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

3º – CONCURSO “DECORACION ESCAPARATES DE NADAL “

•1º PREMIO: Vale de 100 euros para canxear no comercio local.

•2º PREMIO: Vale de 75 euros para canxear no comercio local.

•3º PREMIO: Vale de 50 euros para canxear no comercio local.

O Concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar una fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas