Home Pontevedra Ponte Caldelas O alumnado do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas visitan o...

O alumnado do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas visitan o Belén Artesanal de estilo hebraico deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso

- Anuncio -

Foron entrando por quendas, acompañados polos seus mestres, e foron recibindo as explicacións da profesora de Relixión Trini Carballo

O alumnado do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas visitaron esta mañá o Belén Artesanal de estilo hebraico, deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso e que está instalado na Casa Rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas.

Visitaron este Belén xigante a través dunha invitación cursada polo presidente da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, Antón Xil, entidade promotora desta iniciativa que conta coa colaboración da Unidade Pastoral de Ponte Caldelas cuxo cura párroco é Benito Vázquez.

Pese ao mal tempo, os escolares chegaron por quendas en microbús desde o centro educativo e foron entrando ao edificio que alberga o Belén para que a profesora de Relixión Trini Carballo poidera darlles unha explicación sobre as distintas escenas representadas na composición belenista.

Os cativos sorprendéronse polo realismo das pezas alí expostas e construídas por Antonio Varela e Marisol Peso e centraron gran parte das súas preguntas sobre o Pazo de Herodes, unha réplica dunha vivenda suntuosa de daba cobixo ás máximas autoridades do momento.

UN BELÉN ARTESANAL AUSTERO, DOCUMENTADO NO PERIODO HISTÓRICO NO QUE NACEU XESUCRISTO

O Belén artesanal de estilo hebraico imita unha aldea xudea con elementos arquitectónicos do momento, resultado dun proceso de documentación previo realizado por Antonio Varela e Marisol Peso e que se ergue sobre un escenario árido de deserto e montañoso que coincide coa fisonomía física de Xudea.

As edificacións presentes no Belén están feitas a man con total realismo e sobresaen os destalles levados a cabo con sumo coidado e cun nivel de precisión extraordinario. Tamén é de salientar a decoración vexetal, os sendeiros e camiños e toda a composición que acada unha beleza extraordinaria.

Ademais de que este Belén poida ser visitado polo público, a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns cursou invitacións aos centros educativos e as escolas infantís do municipio así como aos de Fornelos de Montes e A Lama para que poidan achegarse ata Ponte Caldelas e gozar desta demostración da arte belenista.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas