HomeVigoNigránO pleno do concello de Nigrán acolle a toma de posesión de...

O pleno do concello de Nigrán acolle a toma de posesión de Mariluz Pérez Vidal coma nova concelleira

- Anuncio -spot_img

Veciña de Camos xubilada e vicepresidenta do Centro Cultural A Camoesa

O Pleno ordinario do Concello de Nigrán acolleu esta mañá a toma de posesión de Mariluz Pérez Vidal como nova edil do goberno socialista tras a dimisión e entrega da acta o pasado mes de novembro de Nuria Lorenzo. A corporación do Concello de Nigrán queda así representada por 13 concelleiros socialistas no goberno local e 4 do PP na oposición.

Pérez Vidal, veciña de Camos vicepresidenta da Asociación Cultural ‘A Camoesa’ é xubilada tras exercer na súa vida laboral como cociñeira nun catering escolar da ensinanza pública. “Mari Luz é unha persoa moi participativa da parroquia de Camos, onde forma parte da directiva de ‘A Camoesa’, e estamos moi satisfeitos de encarar xunto a ela a recta final deste mandato”, resume González sobre a nova edil, que acolle o cargo con “ilusión, humildade e moitas ganas de traballar polo benestar da veciñanza de Nigrán”.

A maiores, o outro punto do pleno foi o recoñecemento extraxudicial de crédito de 10.277, 93 € para o pago de 16 facturas en diferentes gastos co obxectivo de pechar exercicio económico 2022.

Publicacións Relacionadas