HomeOurenseOurenseO alcalde Pérez Jácome e representantes do CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense...

O alcalde Pérez Jácome e representantes do CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense entregaron os galardóns do certame, no que participaron 125 establecementos da cidade

- Anuncio -spot_img

Os accésits, para a óptica Samuel Eiján, o centro de estética Mon Petit Salón, a florería Bonsai e a tenda de decoración Mandarina Home

Os escaparates permanecerán expostos ao público até o 8 de xaneiro

A florería Brioenflor (na Avenida da Habana, número 42) é a gañadora do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022, organizado polo Concello de Ourense, CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense. Esta mañá tivo lugar a entrega de premios do certame, que repartiu un total de 8.000 euros en premios (para os 3 mellores máis 4 accésits).

O acto contou coa asistencia de Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, Javier David García, xerente de Ecourense, Cristina López, responsable de clientes de Viaqua, Abel Ocampo, director do CIFP Portovello e Lidia Blanco e Sara Fernández, profesoras, e alumnado deste centro educativo, e representantes dos establecementos galardoados.

O concurso contou coa participación dun total de 125 escaparates.

O primeiro premio (3.000 euros) foi para a florería Brioenflor (Avda Habana, 42)

O segundo premio (2.000 euros) foi para a a farmacia Martínez Paz, na rúa Francisco de Moure, 22, no barrio do Couto

O terceiro premio (1.000 euros) foi para o Centro de Día A Ponte, na rúa Basilio Álvarez, 7

Os 4 accésits foron para a Óptica Samuel Eiján, no número 11 da rúa do mesmo nome,;o salón de estética Mon Petit Salon, en Ramón Cabanillas, 1; a florería Bonsai, na Avenida de Santiago, 14; e a tenda de decoración Mandarina Home, en Ramón Cabanillas, 1

De acordo coas bases do concurso, os comercios manterán expostas estas decoracións até o día 8 de xaneiro, para que poidan ser contempladas por todas as persoas que o desexen.

O ano que ven, máis e mellor

O alcalde Gonzalo Jácome felicitou os gañadores, poñendo en valor as súas creacións, que confía que serán “un dos reclamos e puntos obrigados de visita” no Nadal da cidade. Agradeceulles a súa participación e animounos a participar de novo na próxima edición: “O ano que vén, máis e mellor. Vaise repetir o concurso e será máis difícil, pois faremos unha campaña aínda máis forte, na que imos involucrar máis comercios. Cada vez será máis difícil gáñalo, pero tamén vai ter moito máis mérito”.

Publicacións Relacionadas