HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés entregou os premios da...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés entregou os premios da quinta edición dos Concursos de Decoración e de Tarxetas de Nadal dirixido a todos os profesionais

- Anuncio -spot_img

― A Área Sanitaria brindou un recoñecemento especial a María Ángeles Gutiérrez Cotarelo, profesional sanitaria que de xeito altruísta elabora desde 1995 o tradicional Belén de Nadal emprazado no vestíbulo do Hospital Provincial de Pontevedra


― O acto celebrado hoxe no hospital Montecelo contou coa actuación da Coral Polifónica “O Chopo”, que interpretou panxoliñas e cantares de Nadal

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés entregou hoxe os galardóns da quinta edición dos concursos de Decoración de Nadal e de Tarxetas de Nadal, dous certames aos que concorreron decenas de traballos artísticos de profesionais de Atención Primaria e Hospitalaria de ambos distritos sanitarios da área. Os participantes presentaron ata o pasado 9 de decembro decenas de postais de Nadal na que felicitan as festas e o aninovo, así coma fotografías das súas respectivas unidades e postos de traballo decorados con ornamentos temáticos de Nadal. Trala valoración dos traballos por un xurado designado pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e conformado por profesionais de varias categorías, entregáronse os seguintes galardóns, doados por Supermercados Froiz:

-Quinto Concurso de Tarxetas de Nadal da Área Sanitaria-
Segundo accésit: Mª Soledad Dorado Pérez, do Servizo de Urxencias do hospital Provincial, coa tarxeta titulada “Compañeiros de Nadal”.
Primeiro accésit: Mercedes Castro Bacariza, do servizo de Medicina Preventiva do hospital Montecelo, coa tarxeta titulada “Felicitación de Nadal e Aninovo”.
Premio do certame: Mª Dolores Poza Oubiña e as compañeiras do servizo de Laboratorio de 24 horas do Hospital Provincial, coa tarxeta titulada “Pola saúde do planeta…RECICLA”.

  • Quinto Concurso de Decoración de Nadal da Área Sanitaria-
    Segundo accésit: Alia del Río Riobó e as compañeiras do servizo de Partos do Hospital Provincial, coa decoración titulada “Partos no Nadal”.
    Primeiro accésit: Esperanza Prado Lago e traballadores e usuarios da unidade de agudos de Psiquiatría do Hospital Provincial, coa decoración titulada “Plan de Vuelo”.
    Premio do certame: María Luisa Ribeiro e Rosa Mª Parcero, do servizo de Xinecoloxía do Hospital do Salnés, coa decoración titulada “Nadal da Consulta de Obstetricia”.

A maiores destes galardóns, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés brindou un recoñecemento especial a María Ángeles Gutiérrez Cotarelo, profesional sanitaria que de xeito altruista elabora desde o ano 1995 o tradicional Belén de Nadal emprazado no vestíbulo do Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. O acto, celebrado hoxe no hospital Montecelo, contou coa actuación da Coral Polifónica “O Chopo”, que interpretou panxoliñas e cantares de Nadal.

Publicacións Relacionadas