Home Deputacións Deputación Pontevedra O Apalpador visitará sete concello na comarca do Condado-Paradanta grazas ao programa...

O Apalpador visitará sete concello na comarca do Condado-Paradanta grazas ao programa da Deputación “Nadal en Galego”

- Anuncio -

O carboeiro de barba vermella reunirase esta tarde coa deputada de Lingua María Ortega no Pazo Provincial para desexar unhas felices festas a toda da provincia

Mañá serán as primeiras actuacións en Mondariz e Mondariz Balneario

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano sete concellos da comarca do Condado Paradanta man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial en Pontevedra, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e dende onde desexará unhas boas festas a toda a provincia.

Ademais de hoxe na cidade do Lérez, o Apalpador estará mañá no Condado nos concellos de Mondariz (17h) e Mondariz Balneario (19h). Despois, o 26 de decembro chegará ás 11 da mañá a Arbo, ás 12.30 horas á Cañiza, e pasará ás cinco da tarde por As Neves e pechará a xornada ás 19.00 en Salvaterra de Miño. O día 2 de xaneiro será cando estará en Ponteareas, ás 11 da mañá. Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.

O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Relacionadas

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Publicacións Relacionadas