Home Vigo Fornelos de Montes O Apalpador visitará catro concellos da contorna de Vigo grazas ao programa...

O Apalpador visitará catro concellos da contorna de Vigo grazas ao programa da Deputación “Nadal en Galego”

- Anuncio -

O carboeiro de barba vermella reunirase esta tarde coa deputada de Lingua María Ortega no Pazo Provincial para desexar unhas felices festas a toda da provincia

A primeira actuación foi hoxe en Pazos de Borbén

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano catro concellos da contorna de Vigo man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e desexará boas festas a toda a provincia.

Ademais de en Pontevedra, o Apalpador estivo hoxe en Pazos de Borbén ás 13 horas, con alumnado dos colexios próximos ao Concello. Tamén estará en Mos o 2 de xaneiro (12.30h) e en O Porriño (17h), e o día 3 de xaneiro en Fornelos de Montes (17h). Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.

O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas