Home Pontevedra Deza A Fundación Semana Verde pecha 2022 con cifras récord en varias feiras...

A Fundación Semana Verde pecha 2022 con cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da Central Agropecuaria de Galicia Abanca

- Anuncio -

— O Padroado da entidade xuntouse hoxe para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023


— Entre as actividades desenvolvidas nos últimos meses destacouse a inclusión no calendario do novo certame de seguridade, defensa e emerxencias ‘Sedexpo’, cunha moi boa acollida

A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2022 con cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da central agropecuaria, segundo se puxo de manifesto hoxe na reunión do seu Padroado. Presidida pola secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, a xuntanza serviu para facer o balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023.

A previsión é que neste exercicio as contas queden practicamente equilibradas, tras a celebración de 21 eventos cos que se foi recuperando a normalidade despois da pandemia e volveu o protagonismo das actividades distintas aos procesos selectivos. Deste últimos celebráronse sete fronte ás 14 restantes. Ademais, en 2022 incluíuse no calendario o novo certame de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo, que tivo moi boa acollida, e rexistráronse varias feiras con cifras récord.

Así, os salóns de alimentación e turismo da Feira Internacional Abanca Semana Verde acadaron os seus mellores resultados en expositores e superficie. Pola súa banda, a sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca converteuse na maior celebrada ata o momento en todos os seus parámetros, cun 26% máis de expositores, unha superficie un 16% maior e un 27% máis de visitantes, ademais de ser a máis internacional tanto na exposición como na procedencia dos visitantes.

Neste exercicio destacan tamén as cifras da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que, a falta de dúas sesións para pechar o ano, acadou xa unha facturación de case 32,4 millóns de euros, un 52,31% máis que na mesma semana de 2021 e un 76,8% máis que na de 2019. Cómpre sinalar tamén que xa supera nun 52,53% a facturación total anual de 2021 e nun 77,9% a de 2019. En canto á asistencia, con dúas poxas pendentes de celebrarse este ano, suma unha concorrencia de 49.021 animais, un 11,6% máis que na mesma semana de 2021 e 9,2% máis que na de 2019, ademais de supoñer xa un incremento dun 8,54% nas cifras totais de asistencia en 2021 e dun 6,3% respecto ás de 2019.

A maiores, na reunión analizouse o orzamento previsto para 2023, o cal será de novo de case 3 millóns de euros, co obxectivo de manter a liña positiva lograda en 2022 tras o parón da pandemia e tendo en conta a incerteza económica que se prevé para os vindeiros meses.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

Publicacións Relacionadas