HomePontevedraCaldasMoción do PP de Caldas que traslada hoxe para Pleno

Moción do PP de Caldas que traslada hoxe para Pleno

- Anuncio -spot_img

O Grupo municipal do Partido Popular de Caldas de Reis representado polo seu voceiro Fernando Pérez Domínguez co DNI 35.450.453-R, ao abeiro do artigo 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.D. 2568/1986 do 28 de Novembro), e artigo 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, de Modificación da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, propón, para á consideración do vindeiro Pleno Ordinario da Corporación Municipal a seguinte

MOCION PARA ESIXIR QUE SE TOMEN MEDIDAS ANTE AS INUNDACIONS DE MOITAS RUAS DE CALDAS DE REIS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

      Estes días observamos como ca chegada das choivas se volta a inundar parte do casco urbano de Caldas de Reis e lonxe de mellorar a situación cada vez vai a peor pese que a terse realizadas algunhas obras, como no caso da rúa Carlos García Bayón dende a burga ata o lavadoiro, rúa na que a Xunta de Galicia veu de esixir a instalación de novos colectores para evitar que as augas fecais aneguen o manancial da auga termal e o Balneario Acuña.

Puidemos observar que cada rúa na que o equipo de goberno realizou algunha obra en lugar de mellorar, a situación cada vez é peor, concretamente pódese enumerar as obras da mencionada rúa Carlos García Bayón, a rúa Real, a rúa dos Fornos, ou a avenida de Doña Urraca. Esta semana os veciños sufriron cortes de vías, danos os seus vehículos ou establecementos, e situacións de risco.

A rúa Carlos García Bayón acadou mais de un metro de altura de auga sobre a rúa, mesturáronse fecais e pluviais, a rúa real no tramo dende o cruce ca rúa Juan Fuentes ata o ponte romano do Bermaña acadou un nivel de acumulación de auga nunca visto chegando a entrar dentro de establecementos e vivendas e permanecendo moito tempo estancada, a rúa Juan Fuentes (N640) e Sarnadela, na contorna co colexio Padres Somascos acadaron case 60 centímetros chegando case que a ter que ser cortada o tráfico, e a rúa Hornos sufriu unha riada en toda regra con un volume de auga importante e con elevada velocidade que tamén anegou vivendas e locais comerciais, feitos, neste caso, que dende que se fixo esta obra veñen sendo reiterados pese a que o equipo de goberno se comprometeu fai xa moitos meses a revisar a obra e facer as reformas precisas para correxir esta situación.

Pero para colmo nunha zona na que non existían problemas, como é a Avenida de Doña Urraca (EP8004) no seu entronque ca Travesía Doña Urraca, onde se conectou recentemente, nunha obra promovida polo goberno municipal, o colector de pluviais e fecais que se instalou polo Camiño Portugués dende o alto do Pazo ata o novo edificio multiusos, as tapas dos sumidoiros se levantaron desbordando un volume de auga que anegou esa vía. Neste caso porque os colectores antigos existentes na rúa Doña Urraca precisan unha restitución, posto que son antigos e de fibrocemento, e ademais non teñen sección suficiente para poder asumir os novos caudais aportados pola nova instalación realizada dende o referido alto do Pazo.

Estes episodios son reiterados pero este luns acadaron un nivel preocupante que esixía a posta en marcha dos protocolos establecidos non Plan de Actuación Municipal anteo o Risco de Inundacións – P.A.M.R.I. (en especial o establecido na páxina 36), aprobado polo Concello de Caldas de Reis a proposta do propio equipo de goberno, co cal nin tan sequera o Alcalde puxo en marcha os procedementos que contempla este plan de continxencias do que se dotou o noso concello para minimizar os danos, tanto persoais como materiais, incumprindo a obriga de por os medios municipais en prealerta. Se o referido plan contempla actuacións a realizar antes estas emerxencias o goberno municipal non pode, nin debe, facer deixación de funcións e incumprilo.

E para colmo, logo de estes episodios que se repiten reiteradamente, vimos de ler na prensa como o Teniente Alcalde do equipo de goberno, logo de facer estas obras recentemente, xa ven de falar nos medios que o mellor ten que facerse un modificado de estas actuacións que lle costaron moitos cartos a todos os caldenses, para dotalos dun tanque de tormentas, dando unha mostra do absoluto abandono da xestión municipal e da total falta de xestión do goberno.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Popular propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

  1. Que se asuman as reclamacións de danos que sexan convenientemente acreditados polos afectados por estas inundacións.
  2. Que se proceda urxentemente a un estudio pormenorizado de solucións para evitar estes problemas, e tras elo, se proceda a contratación das obras e traballos precisos.
  3. Que, mentres non se solucionen estes problemas, se de traslado o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e a Deputación de Pontevedra como titulares de vieiros afectados para que en proceso de choivas estean en alerta en estes puntos.
  4. Se poñan en marcha os protocolos establecidos no Plan de Actuación Municipal anteo o Risco de Inundacións – P.A.M.R.I., e, en base as obrigas establecidas neste Plan, se proceda a activación das medidas establecidas no mesmo ante estes episodios.

Publicacións Relacionadas