• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, percorreu diferentes zonas da cidade: “O que vimos dá pena. Na Parda, Mollavao ou na Seca, entre outros, as luces son escasísimas”
• “Nas parroquias e nos barrios non é Nadal por culpa do señor Lores. Cremos que as luces deben chegar a todos os pontevedreses e o próximo ano, sendo alcalde, teñen a miña palabra que así será”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, lamentou a escasa ou nula iluminación do Nadal que hai en barrios e parroquias. “Percorremos diferentes puntos da cidade e o que vemos os pontevedreses dá pena: en Monteporreiro só hai seis arcos lumínicos para un barrio onde viven 8 mil veciños”, exemplificou o popular.
Nesta liña, o popular referiuse a varios barrios en concreto, como A Parda, A Seca ou Mollabao, “con rúas principais sen apenas luz nin decorado do Nadal”. “As luces teñen que chegar aos barrios e ás parroquias, ademais de mellorar en gran medida no centro da cidade”, explicou o popular, que lembrou que na proposta da súa formación para o próximo nadal dáse solución a estas carencias.
“Poñer as luces tarde e mal foi un despropósito e unha pena. A responsabilidade recae totalmente sobre un Goberno local canso, sen ideas e que prexudicou seriamente ao noso comercio local e hostalería. Ademais, cando propuxemos axudar a estes sectores, o BNG e o PSOE negáronse rotundamente”, dixo Domínguez.



