Home Pontevedra Caldas Ricardo Martínez optará á reelección á Alcaldía de Portas

Ricardo Martínez optará á reelección á Alcaldía de Portas

- Anuncio -

● Luis López: “Está facendo un gran traballo, baseado na atención, na colaboración, no diálogo, no entendemento e na procura do interese xeral, e dentro duns meses os veciños seguirán confiando nel como o seu alcalde para seguir modernizando e transformando en positivo o seu concello”.

Ricardo Martínez optará á reelección á alcaldía de Portas nas municipais de maio. Así o anunciou este mediodía o candidato, nun encontro con varios representantes da xunta local, ao que asistiron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Martínez, que foi elixido hai un mes presidente local do partido, agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Portas, e amosouse “ilusionado e comprometido para seguir traballando por e para os meus veciños”. Nesta liña, comprometeuse a “continuar a pé de rúa e totalmente pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía, para seguir acertando con políticas e servizos que melloren a súa calidade de vida. Ofrezo traballo, proximidade e o meu compromiso para seguir facendo de Portas un gran concello para vivir”. Dixo que “temos proxectos importantes, un equipo unido, xente con experiencia e tamén novas incorporacións”.

Pola súa parte, o presidente provincial, Luis López, puxo en valor o importante traballo feito por Ricardo e o seu equipo, “un alcalde entregado ao seu concello e aos seus veciños, do que nos sentimos moi orgullosos no partido”. Nesta liña, salientou que “Ricardo e o PP sempre están xunto aos veciños. Somos o partido que máis se parece á xente e non é por casualidade. É porque estamos en cada aldea, en cada barrio, en cada parroquia, preocupándonos e atendendo aos nosos veciños. E así ten que seguir sendo. É fundamental intensificar a nosa presencia na rúa”.

Sobre a súa xestión, dixo que “o alcalde está sempre que os veciños o necesitan. Sempre disposto, sempre entregado. Está facendo un gran traballo, baseado na atención, na colaboración, no diálogo, no entendemento e na procura do interese xeral, e dentro duns meses estou convencido de que os teus veciños e dentro duns meses os veciños seguirán confiando nel como o seu alcalde para seguir modernizando e transformando en positivo o seu concello”. Recordou que “a política local é fundamental para mellorar a calidade de vida da cidadanía e para transformar todo un pobo. E alcaldes como Ricardo, entregados 24 horas e sete días á semana, con vocación de servizo público e que coñecen á perfección as necesidades dos seus veciños, son unha garantía”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas