HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela anima aos máis cativos da casa a comezar as vacacións de...

Cubela anima aos máis cativos da casa a comezar as vacacións de Nadal cunha Festa Infantil no pavillón de Carballedo

- Anuncio -spot_img

• Esta actividade gratuíta, que terá lugar mañá venres a partir das 17 horas, está integrada dentro do programa deseñado polo Concello de Cerdedo-Cotobade para estas datas especiais

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, animou aos máis pequenos da casa a participar na Festa Infantil de Nadal que ten organizada o Concello para este venres 23 de decembro, a partir das 17 horas, no pavillón de deportes municipal de Carballedo.

Entre as actividades gratuítas previstas polo Concello de CerdedoCotobade para os cativos e as súas familias están xogos interactivos, inchables, obradoiros, a barredora humana e moitas sorpresas máis acompañadas de monitores e música para divertirse.

Jorge Cubela salientou que esta actividade está enmarcada dentro do programa de Nadal e pretende ofrecer unha alternativa divertida para o tempo de lecer que terán os nenos e nenas do municipio coincidindo co inicio das vacacións escolares de inverno.

Cubela indicou que “fixemos este ano un amplo programa, moi variado, coa intención de que todo o mundo poida disfrutar das distintas actividades que desde o Concello poñemos á súa disposición. Tamén pretendemos servir de alternativa de lecer que permita conciliar a vida laboral co descanso de Nadal dos pequenos da casa”.

Publicacións Relacionadas