• Jorge Cubela salientou a importancia de mellorar este tipo de infraestruturas para que os cativos teñan un espazo seguro onde divertirse e socializar cos seus compañeiros
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, supervisou o remate das obras de rehabilitación e ampliación do parque infantil de Barbeitos, instalado na parroquia de San Xurxo de Sacos, no que o Concello logrou un investimento duns 18.000 euros.
Os traballos realizados permitiron ampliar o espazo inicialmente adicado a acoller estes xogos infantís para dar mellor acubillo a novos aparatos de diversión e esparcimento para a cativada.
A empresa adxudicataria proceseu a substituir o vello valado existente por outro novo en madeira, acondicionou o chan con caucho SBR para poder pasar a homologación das normas de seguridade da Unión Europea e dotouno de herba artificial para mellor o seu aspecto mantendo o acolchado por debaixo do tapiz.
En canto aos aparatos de xogos, sinalar que se restauraron 2 ou 3 e o resto son elementos novos entre os que salienta unha nova torre con forma de treneciño e que remata nun tobogán.
O alcalde, Jorge Cubela, sinalou a importancia de ter unhas instalacións destas características en condicións xa que “este tipo de infraestruturas son moi necesarias para que os cativos teñan un espazo seguro onde divertirse e socializar cos seus compañeiros mediante o xogo”.
Por outra banda, Cubela indicou que este tipo de actuacións van parellas co aumento poboacional rexistrado nos últimos tempos que permite que volva a haber presenza importante de cativos nos lugares do municipio que xustifican o investimento deste tipo a realizar.



