Home Pontevedra Deza A Xunta aproba un Plan Urbanístico de Silleda, condicionado ao cumprimento dunha...

A Xunta aproba un Plan Urbanístico de Silleda, condicionado ao cumprimento dunha serie de requisitos técnicos

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez subliña que se converte no concello número 114 en contar cun PXOM adaptado á normativa vixente

 O documento fixa as previsións que marcarán a evolución do municipio nos próximos 16 anos e que permitirán o seu desenvolvemento dun xeito serio e ordenado

 O Goberno galego reserva máis de 3,2 M€ o vindeiro ano para axudas aos concellos para a redacción dos seus planeamentos urbanísticos

Silleda (Pontevedra), 23 de decembro de 2022.- A Xunta de Galicia aprobou o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Silleda, condicionado ao cumprimento dunha serie de requisitos técnicos, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a sinatura da orde de aprobación.

Logo de lembrar que se converte no concello número 114 en contar cun plan urbanístico adaptado á normativa vixente, a conselleira subliñou que este PXOM fixa as previsións que marcarán a evolución deste municipio nos próximos 16 anos e que permitirán que teña “un desenvolvemento urbanístico serio e ordenado”.

A conselleira incidiu no apoio técnico e económico que a Xunta ofreceu ao Concello ao longo dos últimos anos para acadar este obxectivo e lembrou que contou cun financiamento autonómico para o desenvolvemento do plan de preto de 170.000 euros.

A maiores, engadiu que o Concello terá que resolver algunhas cuestións relativas, por exemplo, ao modelo territorial e á calidade residencial, á clasificación de solo ou á normativa.

Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que este planeamento, o segundo co que conta o Concello -ata agora dispoñía dun aprobado hai 41 anos-, prevé preto de 57.000 m2 para espazos libres e zonas verdes e máis de 92.000 m2 para equipamentos municipais, ademais de determinar que o 94,5% do territorio municipal é solo rústico; o 4,22% é solo de núcleo rural; preto do 1% corresponde a solo urbano, e o 0,30% é solo urbanizable.

Entre os obxectivos que establece este novo PXOM figuran a consecución dun desenvolvemento harmónico dos núcleos poboados e a conservación das áreas rurais habitadas. A maiores, preténdese complementar e mellorar a estrutura territorial así como preservar os valores naturais e culturais e conservar e recuperar o patrimonio construído.

Ademais de completar as estruturas dos núcleos urbanos de Silleda e A Bandeira, incrementaranse as dotacións, fomentarase o transporte sostible e completarase o sistema viario urbano.

E, por outra banda, o novo planeamento urbanístico prevé potenciar a zona norte do núcleo de Silleda como espazo ligado a usos terciarios e a zona este como área reservada a usos industriais.

Para concluír, Ángeles Vázquez reiterou o compromiso da Xunta co impulso dun urbanismo responsable e lembrou que o vindeiro ano “reservamos máis de 3,2 millóns de euros para axudas aos concellos para a redacción dos seus plans urbanísticos”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre a asma...

0
Con motivo do Día Mundial da Asma, o martes 7 de maio, a partir das 13:30 horas, celébrase a I Xornada de Concienciación da...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

Publicacións Relacionadas