A programación de Nadal volve a trasladar esta tarde música e ilusión aos barrios e parroquias da cidade, que continuará durante toda a xornada de Noiteboa.
Hoxe, a partir das 20.30 horas a Banda de Música de Salcedo ofrecerá o seu concerto de Nadal no Auditorio do Pazo da Cultura. A entrada é de balde até completar aforo.
E nas parroquias, o Local social da Canicouva acollerá a partir das 17.00 horas “Momento máxicos” e ás 18.00 horas o mago Pedro Volta ofrecerá o seu espectáculo “Un mago na lúa” a partir das 18.00 horas na Casa da Cultura de Marcón.
Xa na xornada de mañá, Noiteboa, as actividades de Nadal nas parroquias trasládanse a Ponte Sampaio para representar, a partir das 16.30 horas, a “Abordaxe Pirata de Nadal”.
Ademais, ambolos dous días permanecen abertos o Poboado de Nadal na praza da Ferraría até o 7 de xaneiro; Pontexogo no Recinto Feiral e na Alameda, até o 8 de xaneiro; e a XX edición de Pontenadal. Feira de Artesanía e Agasallo até o 1 de xaneiro na praza de España. Estará aberto de 11 a 14, de 17 a 21.30. Os 24 e 31 pecha ás 20,30 horas. En colaboración con Zona Monumental.



