Home Pontevedra Baixo Miño Actividades para todos os públicos este Nadal en Oia

Actividades para todos os públicos este Nadal en Oia

- Anuncio -

A programación do Concello de Oia ábrese mañá día 24 coa visita de Papá Noel e pecharase o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis

O Concello de Oia comeza mañá sábado a súa programación de Nadal, composta de diversas actividades a celebrar nas distintas parroquias do municipio. Visitas de Papá Noel e Reis Magos e obradoiros de cociña son as principais propostas, aptas para todos os públicos pero especialmente enfocadas para o desfrute dos máis pequenos e pequenas de cada casa.

A visita de Papá Noel polo concello será a actividade encargada de abrir, mañá día 24, a programación municipal. No seu percorrido por Oia, que comezará arredor das 10.00 horas, o ilustre personaxe irá nun vehículo navideño moi especial e acompañado de música. A veciñanza poderá saír a recibir a Papá Noel cando escoite a melodía que avisa da súa chegada. Así, el irá facendo as paradas para saudar e escoitar aos nenos e nenas que atope no seu itinerario.

Os días 29 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro haberá un taller infantil de cociña na casa cultural de Viladesuso. A actividade é gratuíta organízase en colaboración coa asociación de veciños desta parroquia. Desenvolverase en horario de 10.00 a 13.00 horas e está recomendada para nenos e nenas de 6 a 15 anos. As prazas son limitadas e para poder participar é preciso inscribirse no Concello ata o 28 de decembro.

O día 3 de xaneiro haberá outra proposta culinaria, neste caso un obradoiro de decoración de madalenas para nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade que terá lugar nas Escolas de Torroña. A actividade desenvolverase en horario de 10.30 a 13.00 horas.

Cabalgata de Reis e 27 de decembro festivo local

E, para poñer o broche final ao programa de actividades de Nadal, o 5 de xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de Reis en Oia. As súas maxestades de Oriente irán visitando as distintas parroquias a bordo das súas carrozas e acompañados da súa comitiva, ao igual que acostuman facer cada ano nesta sinalada data. Proximamente detallaranse horarios e itinerario.

Por outra banda, o Concello lembra que o próximo martes día 27 de decembro, Santa Uxía, será festivo local.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas