Home A Coruña As últimas analíticas da Xunta na auga da traída municipal recomendan manter...

As últimas analíticas da Xunta na auga da traída municipal recomendan manter vixentes as restricións de consumo

- Anuncio -

· O Concello acaba de emitir un bando no que, a pesar de que os niveis de trihalometanos e níquel detectados nas mostras autonómicas están por encima do recomendado, apréciase unha tendencia positiva con respecto ás primeiras mostras.

· O consistorio está á espera dos resultados das súas últimas analíticas, xa que as cifras publicadas pola Xunta contrastan notablemente coas obtidas en pasadas datas.

O Concello de Cariño acaba de emitir un bando municipal no que se informa aos veciños e veciñas de que, vistos os resultados das últimas análises realizadas pola Xunta de Galicia na auga da traída municipal, mantéñense vixentes, polo momento, as restricións ao consumo de auga.

A última analítica de trihalometanos feita pola Xunta, con data do 19 de decembro e coñecida no día de hoxe, presenta un resultado de 124 unidades (a referencia son 100 unidades). É dicir, menos da metade da primeira mostra problemática obtida en novembro, que lanzaba un resultado de 256 unidades.

De todos os xeitos, o Concello está a esperar polos resultados das súas propias analíticas (a última con data do 21 de decembro) xa que as cifras citadas anteriormente contrastan notablemente coas obtidas nas diferentes análises programadas polo Concello en pasadas datas, que lanzaron cifras entre as 64 e 83 unidades, como se informou.
En todo caso, os diferentes traballos e estudos realizados parecen mostrar unha clara tendencia positiva na redución destes niveis de trihalometanos, oscilando xa as cifras en torno ao valor de referencia e moi lonxe das máis de 250 unidades iniciais.
Mesma tendencia positiva para o níquel

A mesma tendencia positiva parece darse no referente ao níquel. A última analítica deste elemento realizada pola Xunta de Galicia, con data de 19 de decembro, e cuxos resultados tamén se coñeceron hoxe, presenta un resultado de 28 unidades (a referencia son 20 ug/l), é dicir, 5 puntos inferior á primeira mostra problemática tomada o 28 de novembro, que era de 33 unidades, pero aínda por encima do nivel de referencia estatal.

Esta cifra tamén contrasta coas análises realizadas polo Concello de Cariño, efectuados por laboratorios especializados nos pasados días, que lanzaron cifras entre as 21 e as 22 unidades, case ao límite do valor de referencia. Por tanto, e como no caso dos trihalometanos, o mércores 21 de decembro encargáronse unhas novas analíticas de níquel das que se está á espera dos resultados.

Por todo isto, e coa máxima cautela, á vista da tendencia observada nos parámetros avaliados, parece que as medidas correctoras están a ter un efecto positivo, aínda que queda por aclarar a discrepancia detectada e, por tanto, o Concello de Cariño non levantará as restricións á inxesta de auga ata que estea confirmada a volta á situación normal de orixe.

Desde o goberno local volven reiterar o seu “máximo agradecemento” aos veciños e veciñas de Cariño por “o esforzo de paciencia que están a levar a cabo, do que somos consciente, pero conseguir o obxectivo ben o merece”.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas