HomePontevedraPoioOs centros educativos de Chancelas e Viñas reciben o selo de calidade...

Os centros educativos de Chancelas e Viñas reciben o selo de calidade en materia de compostaxe do Plan Revitaliza

- Anuncio -spot_img

• O edil de Servizos Municipais e Obras, Julio Casás (PSdeG-PSOE), foi o encargado de facer entrega do distintivo, xestionado a través do plan que impulsa a Deputación de Pontevedra e do que o Concello de Poio forma parte desde hai varios anos

• Casás lembra que a día de hoxe todos os colexios do municipio contan con composteiros e salienta o compromiso do tecido educativo e da mocidade no correcto tratamento de residuos orgánicos

O concelleiro de Servizos Municipais e Obras, Julio Casás (PSdeG-PSOE) fixo entrega neste mes de decembro dos Selos de Compostaxe aos CEIPS de Chancelas (Combarro) e Viñas (San Salvador), como recoñecemento ao labor que se desenvolve en ambos centros educativos, tanto por parte do equipo docente como do alumnado, en materia de tratamento de residuos orgánicos. Casás estivo acompañado pola mestra composteira do Concello e polo edil de Urbanismo e Promoción Económica, o tamén socialista Gregorio Agís, e salientou o “compromiso férreo e incuestionable que ten o tecido educativo e a mocidade do noso concello no que se refire ao respecto polo medio ambiente, tal e como acredita este distintivo”.

O concelleiro do Goberno municipal lembra que este selo obtense a través do Plan Revitaliza, impulsado pola Deputación Provincial de Pontevedra e ao que o Concello de Poio leva xa varios anos adherido. “A día de hoxe todos os centros educativos do noso municipio contan con composteiro, que é utilizado polos alumnos e alumnas para xestionar restos orgánicos e xerar compost”, indica Casás Barral, que lembra que tanto o CEIP Chancelas como o de Viñas foron dos primeiros en sumarse a este programa. “Son xa varios anos de implicación e bo traballo, polo que se fan acredores deste recoñecemento”, felicitou o titular de Servizos Municipais e Obras.

Durante a visita realizada a ambos centros, Julio Casás tivo a ocasión de trasladar estes parabéns tanto aos alumnos e alumas como ao equipo docente dos dous colexios. “É importante seguir incidindo na concienciación do correcto tratamento de residuos entre as novas xeracións, tanto para garantir un futuro máis sostible e respectuoso co medio ambiente como para que os nenos e nenas sexan transmisores deste valores no ámbito familiar”, asevera Julio Casás, que incide en que o Concello de Poio seguirá firme na súa proposta á hora de consolidar este tipo de ferramentas. Proba dilo son os novos composteiros comunitarios que se instalarán en breves no núcleo da parroquia de San Salvador, en Ánkar e Ferreirós, que se suman aos que estaban xa operativos en Río Miño, Valiña e Rosalía de Castro.

Publicacións Relacionadas